• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7960)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

RIANXO > A corporación municipal de Rianxo celebrou este martes pola noite un pleno ordinario no trascurso do cal se aprobaron de xeito definitivo os orzamentos xerais do concello para o vindeiro ano que ascenden a case 5,8 millóns de euros. O proxecto económico recibiu o apoio do PSOE e do grupo mixto, mentres que os…
RIBEIRA > A  Consellería de Sanidade vén de determina-lo peche do matadoiro municipal de Ribeira posto que as instalacións non cumpren coa normativa europea de seguridade nesta materia. O local carece de cuadras así como da maquinaria axeitada para colaga-las pezas descuartizadas. A decisión da Xunta está a provocar queixa sentre o sector cárnico posto…
RIANXO > O cambio de ano trouxo consigo tamén o cambio oficial na presidencia da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, substitúe neste posto o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, que veu ocupando este cargo ó longo do pasado ano 2005.
BARBANZA > O inicio de 2006 na vía autonómica do Barbanza non puido ser peor con dúas novas vítimas mortais no segundo día do ano. O sinistro tivo lugar á altura do municipio de Rianxo, nun tramo de vía moi perigoso, e saldouse co falecemento dos dous conductores implicados. A semana pasada rexistrouse outra morte na…
BOIRO > O ciclista Óscar Pereiro participou esta pasada fin de semana en Boiro nunha charla-coloquio organizada polo propio concello e o Club Ciclista Barbanza. O acto serviu para que o corredor galego contara as súas experiencias neste deporte e analizara a situación actual do ciclismo.
BARBANZA > O Centro Empresarial da Construción do Barbanza vén de inicia-los trámites para habilitar un selo de calidade en materia laboral. Con este distintivo a entidade que preside Xesús Lojo ten previsto recoñecer a aquelas empresas asociadas que cumpren tódolos requisitos legais que esixe a realización dunha obra.
BOIRO > O concello de Boiro entregou esta pasada fin de semana as subvencións anuais ós diferentes clubs deportivos existentes no municipio. Aproveitouse o acto tamén para reparti-los premios ós deportistas, equipos e institucións que máis destacaron durante o pasado ano.
RIBEIRA > Continuando coas actividades programadas polo concello de Ribeira para o Nadal, o Departamento de Servizos Sociais vén de poñer en marcha un obradoiro para os cativos consistente na elaboración de xoguetes de refugallo. A actividade diríxese a rapaces de entre seis e doce anos, membros das familias destinatarias do Programa de Educación Familiar,…
POBRA > Operarios da UTE Indeza-Aister traballan estes días nos últimos detalles da rotonda situada ó carón da estación de autobuses da Pobra do Caramiñal. A intención do concello é ter rematada esta obra entre finais desta semana e principios da próxima e poñela en funcionamento no prazo de tempo máis breve posible para contribuír…
BOIRO > O concello de Boiro segue a traballar nos últimos aspectos do convenio con Eroski para a cesión da finca de Goiáns a cambio da recalificación dos terreos de A Pedreira. O convenio, que ata o día de hoxe continúa a xerar polémica, atópase nunha fase bastante avanzada. O rexedor boirés confía en que, tras…
RIBEIRA > A Deputación Provincial da Coruña ten previsto investir máis de 720 mil euros na mellora do pavimento de varias rúas do casco urbano de Ribeira. A actuación enmárcarase no Plan de Infraestruturas Locais e afectará a un total de sete viais do municipio.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook