• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7871)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Xesús Asorey, xunto coa secretaria xeral da entidade, Filomena Casal, realizaron esta mañá unha visita ó Centro Empresarial da Construción do Barbanza en Ribeira para reunirse co novo presidente do ente comarcal, Xesús Lojo Alcalde.
O concello de Boiro vén de acordar a modificación e actualización de varias ordenanzas urbanísticas despois dunha xuntanza mantida na casa consistorial na que participaron membros do executivo local, o arquitecto municipal, representantes da Asociación Boiresa de Empresarios e do sector da construción.
O deputado do Partido Popular e tenente-alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, vén de amosa-lo seu descontento ante as declaracións feitas onte polo presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, sobre a paralización do proxecto da dársena exterior de Ribeira.
Os veciños da comarca do Barbanza que desexen desprazarse a Santiago en autobús deberán seguir agardando a que se solucione o conflicto entre os traballadores e a empresa Arriva xa que a folga ten un carácter indefinido dende o pasado luns.
A presenza dunha manada de visóns no lugar de Goiáns en Boiro está a causar unha fonda preocupación nos veciños, xa que están a atacar ós animais domésticos.
A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro venres día sete de outubro a representación da obra de Valle – Inclán “Tirano Banderas” a cargo da compañía madrileña “Tomás Gayo Produccións”.
Esta mañá asinábase no Concello de Boiro o convenio de colaboración entre a Asociación Boiresa de Empresarios e o executivo local para a segunda fase do centro comercial aberto da localidade.
Os membros do executivo tripartito de Boiro recibiron con certo asombro o cambio de portavoz no grupo municipal do Partido Popular.
O grupo municipal do Partido Popular de Boiro vén de presentar unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria que garda relación coa situación de abandono e deterioro que presenta a Alameda de Barraña.
O Concello da Pobra do Caramiñal pretende rematar cos numerosos actos vandálicos e roubos que se están producindo nas últimas semanas na localidade.Na madrugada do domingo ó luns tiveron lugar destrozos e o roubo dunhas chaves no colexio Salustiano Rey Eiras, así como tamén a queima de sete contedores de lixo nas proximidades da ponte…
A empresa Seixo, foi a elixida polos membros do executivo ribeirés, para efectuar as obras de peonalización da rúa General Franco, que saíron a concurso o pasado día oito deste mes.
Páxina 328 de 328
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook