• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

BARBANZA - MUROS - NOIA (7960)

Novas de Barbanza, Muros e Noia.

O PP da Pobra demanda unha nova ampliación do polígono da Tomada
POBRA> O PP da Pobra levará ó pleno deste xoves unha moción solicitando que se inicien os trámites para a ampliación do polígono industrial da Tomada. Na actualidade, xa están ocupadas o noventa por cento das parcelas que habilitaron na segunda fase.
Abel Barros e Tina Fernández, gañadores da III Carreira Popular de Lousame
LOUSAME> A proba celebrada onte domingo reuniu a máis de catrocentos corredores sumando tódalas categorías.
Deteñen a un mariñeiro polaco por causar destrozos na residencia de Ribeira
RIBEIRA> Susto na residencia do maior de Ribeira que esta fin de semana foi vítima dun acto vandálico.
Comezan as obras do novo vial no Hospital da Barbanza
RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que…
Vox Ánima denuncia a agresión a un voluntario do colectivo animalista
RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
A confraría de Noia retira catrocentos quilos de depredadores diariamente
A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais
RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
Ramiro Carregal promove dúas das regatas máis destacadas do calendario galego
SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
Cincuenta establecementos participan este sábado na Pink Fashion Night de Noia Histórica
NOIA> Medio cento de establecementos comerciais e hostaleiros sumaranse á Pink Fashion Night que se celebrará este sábado en Noia. Ademais de descontos do vinte por cento en tódolos artigos, desenvolveranse actividades de animación durante toda a xornada.
Arranca a veda do polbo nunha campaña con excelente cotización
RIBEIRA> Este venres iniciase a veda do polbo tras unha campaña máis que satisfactoria en capturas pero, sobre todo, en cotizacións. O prezo medio do quilo situouse en sete euros e medio acadando no que vai de ano unha facturación de máis dun millón de euros.
O BNG solicita máis medidas de seguridade ante a vaga de roubos
POBRA> O BNG da Pobra demanda a toma de medidas para garantir unha maior seguridade cidadá no municipio. Solicitan ademais que se cumpra cun acordo adoptado xa en 2003 polo cal se cedeu un local municipal á Garda Civil para manter un posto do instituto armado na vila.
HomeBARBANZA - NOIA Top of Page

Síguenos en facebook