09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local

Louzán cualifica de 'espectáculo de circo' as negociacións entre PSOE e BNG

Xun 23
  PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra parece lonxe de descubrir quen ocupará a súa presidencia no vindeiro mandato. PSOE e BNG continúan unhas negociacións que non acaban de dar os seus froitos, e nas que están incluídas as institucións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Hoxe, o aínda presidente Rafael Louzán, criticaba o espectáculo que, ao seu modo de ver, están a ofrecer ambas formacións. A presidencia da Deputación de Pontevedra continúa sen dono. A pesares das negociacións, PSOE e BNG non son quen de achegar posturas. Unha vez máis, as críticas máis duras de Rafael Louzán dirixíronse ao Partido Socialista. Para o líder popular, o único obxectivo da formación é evitar que goberne o PP. Menos duro foi co BNG. Louzán insistiu en que a súa formación continúa aberta a negociar cos nacionalistas que, segundo o aínda presidente, se atopan nunha encrucillada. O presidente provincial tampouco perdeu a ocasión para recordar que o Partido Popular foi o verdadeiro gañador das pasadas eleccións, aínda que non chegue a gobernar a Deputación. Ademais, insistiu en que a súa formación está lexitimada para formar goberno e seguir adiante coa reforma das Deputacións que, ao seu modo de ver, xa empezaron hai anos. Recordou que no que levamos de ano a institución destinou 50 millóns de euros a pequenos e medianos concellos para a prestación de servizos básicos.  
Home Top of Page

Síguenos en facebook