09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local

O cerco volve mobilizarse polo incremento na cota do bocarte

Ago 14
PORTO DO SON> A flota do cerco volve estar en pé de guerra ante a imposibilidade de pescar bocarte nas costas galegas. Os profesionais manifestáronse este xoves no porto de Vigo para reclamar máis cota para a especie. De non conseguila, non descartan novas mobilizacións. A loita do cerco por conseguir un mellor reparto de cotas para a flota galega non é nova. Tras meses de esforzo por conseguir maior posibilidade de capturas para a xarda e o xurelo atópanse agora coa prohibición de pescar bocarte na zona novena A. Non entenden porque se lles prohibe pescar fronte ás súas costas, nun caladoiro que cheo de peixe, abocando a moitas embarcacións a permanecer amarradas. Na actualidade obtiveron un adianto do dez por cento da cota para faenar na zona oitava c pero hai embarcacións que non se poden desprazar ata o cantábrico. Por esta razón, instan ó Ministerio a renegociar o reparto, obrigando á flota andaluza a devolver a Galicia as seiscentas toneladas que lles corresponden. Trala protesta desenvolvida no porto de Vigo, a asociación de armadores do cerco de Galicia non descarta novas mobilizacións. A próxima podería ter lugar durante as próximas semanas en Portosín.
Home Top of Page

Síguenos en facebook