• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS

Percorremos a 'Galicia Olímpica' con Teófilo Edicións

Out 28 Escrito por 
GALICIA> Xa se pode facer un percorrido polo olimpismo galego da man de Teófilo Edicións. A editorial ven de editar a obra Galicia Olímpica, de Álvaro Alonso; un recompilatorio das historias dos deportistas galegos máis importantes dende 1996 ata o 2006.
  Galicia Olímpica 1996-2016, do xornalista Álvaro Alonso, repasa as biografías dos deportistas galegos que participaron en Xogos Olímpicos nas dúas últimas décadas. Un total de 48 biografías que recollen o esforzo dos atletas. Teófilo Edicións é a responsable da obra. Trátase dunha edición coidada que, segundo explican, ven cubrir un oco que existía no mercado. A tirada da obra é reducida, só mil exemplares, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral do Deporte.
 
Etiquetado como Galicia    Cultura    Salnés    galicia olimpica    teofilo edicions    Deporte   
Publicado en CULTURA
Modificado por última vez no Venres, 28 Outubro 2016 14:36

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña
    VILAGARCÍA> Se hai dous días tódalas miradas se dirixían ós nosos montes, que ardían de xeito incontrolable, agora cos lunes extinguidos, os ollos están postos na nosa ría. Os mariscadores temen que as cinzas que arrastren as chuvias ata o mar poidan arruinar a campaña de nadal, como pasou nos incendios do 2006. Temen sufrir o que xa pasaron, fundamentalmente na vaga de lunes do 2006. Os mariscadores están moi preocupados xa que a campaña de Nadal, como a de libre marisqueo, podería correr perigo se as cinzas dos lumes sexan arrastradas pola chuvia ata o mar, afectando ós bancos marisqueiros, que xa de por sí non se atopan no seu mellor momento. Así nos explicou o presidente dos Parquistas de Carril, e patrón maior de localidade, de qué xeito lles podería afectar . A preocupación é evidente. E os máis afectados serían os bivalvos, navallas, longueiróns, ameixas ou berberechos. O medo á que as fortes chuvas provoquen isto aumenta pola inminencia da campaña de Nadal. O que suporía unha importante perda económica, tal e como pasou en 2006. De tódolos xeitos, as posibilidades de que non pase este fenómeno, son poucas, pero non perden a esperanza .
  • Elena Suárez, nova voceira do Partido Popular en Vilagarcía
    VILAGARCÍA> Elena Suárez, nova voceira municipal do Partido Popular de Vilagarcía. A que fora tenente de alcalde no anterior mandato, será a responsable de substituír a Tomás Fole trala súa marcha para centrarse no seu papel no Congreso dos Deputados. Deste xeito, Súarez cobra máis peso na formación tras trinta anos ligada ao PP vilagarcián. Tomás Fole xa ten substituto nas filas do Partido Popular de Vilagarcía. Elena Suárez será a nova voceira do grupo municipal. Tras trinta anos ligada á formación, e despois de ocupar o cargo de Tenente de Alcalde durante o mandato de Fole, Suárez convértese na cara visible dos populares en Ravella. Actualmente, tamén ocupa o cargo de Vicesecretaria de Organización e Mobilización. Como voceira municipal, a súa intención é manter a dinámica de traballo que o grupo tivo ata o de agora. Así, o reparto das áreas será herdado do que tiveran cando ostentaron o goberno de Vilagarcía. Tamén seguirán intervindo todos nos plenos. Suárez aproveitou a súa presentación para facer un recoñecemento a Tomás Fole, antigo voceiro popular e exalcalde de Vilagarcía. A que fora a súa Tenente de Alcalde resaltou a súa xestión. Elena Suárez estreouse tamén valorando a sesión plenaria de onte, na que asegurou que faltou a transparencia e o respecto a o grupo maioritario da oposición.
  • Cambados demanda á Xunta a apertura do centro de día no 2017
    CAMBADOS> O concello de Cambados esixe á Xunta de Galicia que cumpra o seu compromiso e abra o centro de día este ano. Segundo o goberno local, a falta de vontade política é o que está a lastrar a apertura destas instalacións, que se remataron no 2016 e que dependen do goberno autonómico. Hoxe o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anunciaba a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros. Cambados terá que esperar polo seu centro de día. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vén de anunciar a licitación da dotación de equipamento por valor de 67.000 euros, pero polo de momento non hai data para a súa entrada en funcionamento, pendiente aínda a licitación da xestión. Dende o goberno local non ocultan o seu enfado. Este ano, a Xunta comprometíase a abrir o centro de día cambadés no ano 2017, en resposta a unha pregunta plantexada polo voceiro de En Marea, Luis Villares. Uns prazos que, dende o concello, non confían en que se cumpran por falta de vontade política. Segundo o edil de Facenda, o concello cambadés cumpriu co acordado co Consorcio. Así, nos orzamentos do 2017 reservaron unha partida para sufragar unha terceira parte do equipamento e da apertura. Durante a rolda de prensa desta mañá os dous edís recordaron a necesidade que ten Cambados de que se abra este centro de día. Actualmente, hai moitos veciños en listaxe de agarda e outros que se desprazan a centros semellantes fóra da vila.
  • Cáritas dobra o número de contedores de roupa, ata os 24
    VILAGARCÍA> Vilagarcía e Cáritas estreitan lazos. O concello e a ONG asinaron esta mañá a ampliación do convenio para o desenvolvemento do programa Arroupa. Un acordo que permitirá a instalación de 12 novos colectores para a recollida de roupa que estarán distribuídos en diferentes puntos do municipio. O ano pasado, na capital arousá recolléronse 67 toneladas. Cáritas dobrará o número de colectores para a recollida de roupa que xa están repartidos polas rúas de Vilagarcía. Aos 12 actuais sumaranse outros tantos que se distribuirán por diferentes puntos da vila, segundo o acordo asinado esta mañá entre concello e ONG, que lle permitirán ampliar o programa "Arroupa". Actualmente, o programa "Arroupa" da emprego a 22 persoas, que se encargan da recollida da roupa dos colectores, da súa clasificación e da venda nas tres tendas que forman a rede, situadas en A Coruña, Santiago e Pontevedra. Dende o concello vilagarcián amosáronse dispostos a manter esta colaboración con Cáritas, e felicitaron á ONG católica polo seu labor. Polo de momento, o incremento do número de colectores de roupa xa supuxo a contratación de dúas persoas máis: un condutor e un auxiliar que se encargan da recollida.
  • Os mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña
    VILAGARCÍA> Se hai dous días tódalas miradas se dirixían ós nosos montes, que ardían de xeito incontrolable, agora cos lunes extinguidos, os ollos están postos na nosa ría. Os mariscadores temen que as cinzas que arrastren as chuvias ata o mar poidan arruinar a campaña de nadal, como pasou nos incendios do 2006. Temen sufrir o que xa pasaron, fundamentalmente na vaga de lunes do 2006. Os mariscadores están moi preocupados xa que a campaña de Nadal, como a de libre marisqueo, podería correr perigo se as cinzas dos lumes sexan arrastradas pola chuvia ata o mar, afectando ós bancos marisqueiros, que xa de por sí non se atopan no seu mellor momento. Así nos explicou o presidente dos Parquistas de Carril, e patrón maior de localidade, de qué xeito lles podería afectar . A preocupación é evidente. E os máis afectados serían os bivalvos, navallas, longueiróns, ameixas ou berberechos. O medo á que as fortes chuvas provoquen isto aumenta pola inminencia da campaña de Nadal. O que suporía unha importante perda económica, tal e como pasou en 2006. De tódolos xeitos, as posibilidades de que non pase este fenómeno, son poucas, pero non perden a esperanza .
  • Rajoy desbota que os lumes se produciran por 'casualidade'
    GALICIA> A crítica situación que se está a vivir en Galicia trouxo esta mañá ata a comunidade ao presidente do goberno. Mariano Rajoy visitou diferentes puntos da provincia de Pontevedra, entre eles o concello de Vigo e o posto de mando avanzado instalado en Pazos de Borbén. Rajoy estivo acompañado polo presidente autonómico, que a primeira hora celebraba un consello da xunta extraordinario para condenar a vaga de lumes e recordar os catro falecidos. Tamén para decretar tres días de loito oficial en Galicia. O presidente do goberno desprazouse esta mañá a algunhas das zonas máis afectadas pola vaga de lumes que asolaga a comunidade. Tras participar nunha concentración en Vigo en memoria dos catro falecidos, Rajoy visitou o posto de mando avanzado en Pazos de Borbén. No encontro mantido co presidente da Xunta e os mandos dos corpos de seguridade do Estado, Mariano Rajoy amosouse disposto a facilitar toda a axude que se precise dende a Xunta. Anunciou que 700 membros da Unidade Militar de Emerxencias se trasladaron ata Galicia, con máis de 10 medios aéreos que traballan na extinción dos lumes. Antes de reunirse co presidente do goberno, o rexedor autonómico celebrou unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Alberto Núñez Feijóo analizou co seu equipo a situación polos lumes e recordou aos catro falecidos nos incendios. Tamén anunciou o decreto de tres días de loito oficial. No seu discurso, Núñez Feijóo agradeceu o traballo dos equipos de extinción, e destacou a solidariedade dos veciños que sairon á rúa para colaborar na loita contra as lapas. Tamén apuntou que nunca houbo tantos medios para a extinción dos lumes como neste mes de outubro, e agradeceu a colaboración que está a chegar dende o Estado e outras Comunidades Autónomas.
Home Top of Page

Síguenos en facebook