• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS

'Periferias e desbordes', un repaso da historia arquitectónica de Compostela

Out 28 Escrito por 
GALICIA> Un paseo polas rúas santiaguesas e a súa evolución na historia é o que recolle a obra "Periferias e desbordes". O libro, editado por Teófilo Edicións, publica unha tese do arquitecto Pablo Costa, trazando un camiño do pasado, presente e futuro da arquitectura na capital galega.
  Con "Periferias e desbordes" o lector poderá percorrer as rúas do casco vello de Santiago e, da man do arquitecto Pablo Costa, coñecer a súa evolución ao longo da historia. Neste tomo, Teófilo Edicións dá forma á tese doutoral do afamado arquitecto. Unha obra coidada, que inclúe planos, fotografías e documentos históricos. Ademais, "Periferias e desbordes" é froito da colaboración institucional. A obra viu a luz grazas a unha coedición entre Teófilo Edicións e o Consorcio de Santiago. "Periferias e desbordes" é a segunda parte doutro libro xa editado hai preto dun ano, "La Ciudad Heredada". Teófilo Edicións editou 500 exemplares de cada título.
 
Etiquetado como Galicia    Cultura    Salnés    Santiago de Compostela    arquitectura    teofilo edicions   
Publicado en CULTURA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos no xuízo por narcotráfico contra "O Mulo"
    Pontevedra> Segunda xornada do xuízo oral conta a banda do Mulo. Hoxe suspendeuse o xuízo para que os letrados teñan tempo de analizar un novo documento que non coñecían. Trátase, supostamente, dunha carta escrita polo propio Mulo onde indica con nomes e apelidos a función que cada un dos acusados tiveron nesa operación onde se incautaron 3500 quilos de cocaína. Con esta proba 9 dos 13 acusados recoñecerán os feitos.
  • Arrincan as obras dos pantaláns de O Xufre
    ILLA> A Consellería do Mar inicia os traballos de construción dos pantaláns pesqueiros no porto de O Xufre, en A Illa de Arousa. A actuación conta cun orzamento de máis de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións da terceira lista. Xa están en marcha os traballos de construción dos pantaláns para as embarcacións pesqueiras no peirao de O Xufre. Tralo traballo en fábrica, agora se están a instalar os módulos na zona. A actuación conta cun orzamento de 700 mil euros, e dará servizo a 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en tres filas en pantaláns. Esta capacidade dá resposta á demanda actual de prazas, e permitirá cubrir necesidades futuras. Deste xeito, Portos de Galicia atende unha demanda da Confraría de A Illa de Arousa. O patrón amosouse satisfeito cos traballos, e pediu a colaboración dos mariñeiros ante as posibles molestias que poidan xerar as obras. Calcúlase que a obra quedará rematada nun prazo de tres meses.
  • Vilagarcía estrea liña directa de autobús dende o centro ao Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> Vilagarcía une o centro da vila co Hospital do Salnés cunha nova liña de autobús. O servizo empeza a funcionar mañá mesmo ás sete e media da mañá, cun autobús que sairá cada hora dende O Cavadelo. O convenio subscrito coa empresa Benito Abalo permitirá que o custo do traxecto sexa de 1.35 euros. A partires de mañá, unha liña directa de autobuses unirá o centro de Vilagarcía co Hospital do Salnés. O transporte arrincará ás 7.30 da mañá dende O Cavadelo, cun autobús cada hora ata a unha e media da tarde, un custo de 1.35 euros por traxecto. Esta liña nace do convenio asinado entre o concello, que achega 25 mil euros, e a empresa Benito Abalo. O traxecto ata o Hospital do Salnés non entra no bono Vaibús, que o goberno local negociou con Pereira. Así as cousas, a recente compra desta última por parte de Benito Abalo facilitaría avanzar no servizo. Actualmente, o concello e a empresa tamén están a xestionar ante a Xunta de Galicia a posibilidade de estender o servizo de transporte ao Hospital do Salnés ao horario de tarde.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais
    RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
  • Vilaxoán bautiza a súa nova traíña, a "Virxe do Carme"
    VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán conta dende o pasado venres cunha nova traíña. Durante un concorrido acto, os padexeiros botaron a nova embarcación, bautizada como Virxe do Carme. O Club de Remo Vilaxoán converteu a botadura da súa nova traíña nunha festa para todos os veciños. A embarcación leva por nome o da patroa do pobo, Virxe do Carme, e supuxo un investimento próximo aos 36.000 euros. Dende que Rogelio Tarrío tomou a presidencia do club hai tres anos, potenciar a base é un dos seux obxectivos. Unha meta que están a conseguir, como se demostrou no Campionato de España de bateis celebrado hai un mes. Todos os asistentes, veciños e autoridades, só tiveron loubanzas para o traballo dun club que Vilaxoán sente como propio. Tamén para os valores que representa o deporte do remo: sacrificio, constancia, compañeirismo, perseveracia e competitividade limpa. O acto rematou co bautismo de mar de "Virxe do Carme", que se introduciu nas augas da praia de O Preguntoiro acompañada polo Salve Mariñeiro e o Tres cousas ten Vilaxoán, interpretadas pola Coral de Vilaxoán.
Home Top of Page

Síguenos en facebook