• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS

Música galega, en galego e de todos os estilos para o Galegote Rock

Mar 24 Escrito por 
PONTEVEDRA> A música galega e en galego volverá tomar Pontevedra. Os días 27, 28 e 29 de abril a sexta edición do Galegote Rock encherá diferentes zonas e prazas da capital. Un evento que este ano terá, incluso, cervexa propia. Música galega en galego e de todos os estilos. Esta é a proposta que por sexto ano consecutivo trae a Pontevedra o seu festival Galegote Rock. A cita será os días 27, 28 e 29 de abril, enchendo locais, rúas e xardíns de música de calidade en directo. A praza de Santa María, a da Peregrina ou a de San Francisco converteranse en escenarios. Tamén a de Curros Enríquez, que acollerá a actuación do cabeza de cartel. Terbutalina, Atrás Tigre, Mike Grelo e Curmán, Oh! Ayatollah ou Eladio y los Seres Queridos, son algúns dos grupos que farán soar os seus temas neste Galegote Rock, que celebra os seus seis anos de vida estreando marca de cervexa. O Galegote tamén chegará á Praza da Pedreira, que se converterá no centro neurálxico do festival. Mercadiño de cervexas artesanais, postos de vinilos, actividades para os nenos e diferentes propostas gastronómicas , estarán durante todo o sábado 29.
Etiquetado como Pontevedra    concello de pontevedra    galegote rock    festival   
Publicado en CULTURA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Moreira cree que "Lores está atormentado e o Goberno Local descoordinado"
    Pontevedra> Dende o PP local de Pontevedra criticaron duramente a xestión nestes dous anos de mandato de Lores na cidade do Lérez. Jacobo Moreira cree que nos atopamos ante un alcalde atormentado e un goberno descoordinado. O líder dos populares di que Pontevedra leva dous anos perdidos e esa será a tónica xeral do restante de lexislatura.
  • Pontevedra é, nestes días, a "capital" da cidade dos nenos
    Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano.
  • A parroquia de San Vicente contará cunha réplica da moeda Xacobea
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación asinou esta mañá un convenio coa parroquia de San Vicente do Grove. O fin desta sinatura é o de elaborar unha réplica da moeda xacobea atopada no xacemento de Adro Vello. A Escola de Cantería será a encargada de elaborar esta réplica de 1,20 metros de diámetro, para o xardín da Igrexa.
  • O PP de Poio denuncia o abandono do Pazo Besada
    POIO> O Partido Popular de Poio quere coñecer o proxecto do concello para o Pazo Besada. A formación denuncia que a emblemática finca está nun estado de abandono, e que os traballos de restauración levan sete anos paralizados. Dende o goberno, pola súa banda, recoñecen que dotar o pazo de contido é unha tarefa pendente. O alcalde asegurou que pretenden retomar os traballos no 2019, aínda que non se marcan prazos. O Partido Popular de Poio denunciou o abandono do Pazo Besada, na parroquia de San Salvador. De feito, os populares levarán a pleno unha pregunta para coñecer os plans que ten o goberno para o edificio. O concello recuperou o pazo e os edificios anexos grazas a un convenio urbanístico, no que a promotora das 150 vivendas da urbanización próxima comprometíase a restauralo. Finalizados os traballos no exterior, agora está pendente rematar o interior; actuación que o goberno recoñece como unha tarefa pendente. Os populares tamén denunciaron que, ata que presentaron a solicitude de visita, o estado do Pazo Besada e do entorno era de total abandono. Unha situación que, aseguran, se repite en toda a parroquia de San Salvador. Neste tempo o concello si que rematou a recuperación de dous dos edificios do conxunto do Pazo: a casa da familia que se encargaba de gardalo, que actualmente acolle a oficina do OMIX e xuventude, e a antiga biblioteca. Aínda non actuaron na antiga cocheira.
  • Os deputados populares culpan á Deputación da rotura do tripartito de Sanxenxo
    PONTEVEDRA> A rotura do goberno tripartito de Sanxenxo continúa de actualidade. Esta mañá pronunciáronse dende o Partido Popular Provincial, que non dubidan en sinalar á Deputación como responsables desta crise. Para o PP, as risas, os insultos e, aseguraron, a prepotencia do bipartito provocaron a fin do acordo de goberno. Os deputados populares non dubidan en sinalar ao goberno da Deputación de Pontevedra como o responsable da rotura do tripartito de Sanxenxo. Arévalo respaldou a postura de Gonzalo Pita sobre a obra da avenida Luís Rocafort; proxecto que foi o detonante dos desencontros entre os socios de goberno. Pola contra, acusou ao bipartito de rirse e insultar ao aínda rexedor de Sanxenxo. Os deputados aseguraron que Pita solicitara unha reunión na Deputación que non se atendeu. Descartan que a rotura viñera dada polo desacordo na construción de 19 prazas de aparcadoiro na avenida Luis Rocafort. Tamén esixiron ao goberno provincial que deixe de buscar responsable no Partido Popular, e que atenda a unha provincia que, aseguraron, está descontenta e decepcionada.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
Home Top of Page

Síguenos en facebook