• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS

CULTURA (656)

María Varela e Miguel Anxo Murado premios de xornalismo
Pontevedra> Afundación e o Ámbito Cultural do Corte Inglés conceden os seus premios de xornalismo a María Varela e Miguel Anxo Murado. Varela recibe o Fernández del Riego e Murado o Julio Camba. Uns premios, dotados cada un deles con 6000 euros, e aos que se presentaron un total de 153 artigos.
Fusión musical e maridaxe con albariño nos Xoves de Códax
CAMBADOS> Os Xoves de Códax volven para animar os solpores cambadeses. A adega vén de presentar a sexta edición do seu ciclo de concertos, que reunirá na terraza de Martín Códax a algúns dos mellores artistas galegos. A actuación de Silvia Pérez e Uxía inaugurará este ciclo de maridaxe de albariño e fusión musical que,…
A estación violenta vive os seus últimos días de rodaxe en Pontevedra
Pontevedra> O mercado de Abastos, de Pontevedra, converteuse esta mañá nun plató de cine. Alí filmouse unha das últimas escenas da película A estación violenta. Unha novela de Manuel Jabois que será levada a gran pantalla baixo a dirección de Anxos Fazáns. A gravación deste traballo rematará este venres. Dende o equipo de produción agardan…
As visitas cruzadas pechan a súa primeira edición cun éxito de participación
Pontevedra> Quico Cadaval e Iria Collazo foron os encargados de pechar a primeira edición das visitas cruzadas ao Museo de Pontevedra. Dende a Deputación fan un balance máis que positivo destes encontros que tiveron como fin, achegar a arte do museo dente outros puntos de vista. O Deputado da área de Cultura xa nos confirmou…
Xornalismo e literatura danse cita nas visita cruzadas
Pontevedra> As visitas cruzadas que organizan, dende a Deputación de Pontevedra, no Museo da cidade volveron a ser un éxito. Máis de 50 persoas asistiron a esta cita que ten como fin amosar a arte deste espazo dende outro punto de vista. Os protagonistas nesta ocasión foron o xornalista Kiko Novoa e a poeta e…
O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar…
Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues
Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos…
Centos de escolares da provincia desfruta do Gatuxo en Afundación
Pontevedra> Ao longo desta semana os escolares da provincia poderán desfrutar da obra Gatuxo. Un traballo de Magín Blanco que aterra en Afundación de Pontevedra ao longo de toda esta semana. Nesta obra os pequenos de 3-5 anos poderán atopar unha metáfora do crecemento dos pequenos a través do humor e a música.
Uxía e Isabel Risco inauguran as visitas cruzadas no Museo
Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco.
Os domingos de maio haberá "visitas cruzadas" no Sexto edificio
Pontevedra> O Museo de Pontevedra inicia no mes de maio as súas visita cruzadas. Unha iniciativa onde persoeiros vencellados co mundo da cultura galega converteranse en guías por un día. Uxía, Isabel Risco, Jorge Coira ou Quico Cadaval serán soamente algúns dos protagonistas que amenizarán as mañás dos domingos de maio.
A "revolución educativa" de Frato aterra en Pontevedra
Pontevedra> Este venres, no Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurarase a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”. Unhas mostra, de Francesco Tonucci, que poderán ver dende este venres e ata o 11 de xullo. Unha exposición que tenta facer unha reflexión sobre o mundo da Educación.
Páxina 1 de 28

Final Copa Diputación

HomeCULTURA Top of Page

Síguenos en facebook