09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
POBRA> Os populares consideran que se trata duns feitos o suficientemente graves como para ter que dar aclaracións sobre o acontecido. Á espera do informe oficial solicitado á Policía Local, e ante a negativa da propia edil a recoñecer os feitos, o PP pídelle ó equipo de goberno aclaracións sobre todo o acontecido, para así poder esixir responsabilidades a quen corresponda. Para eles trátase dun caso o suficientemente grave como para ter que dar explicacións. Ante esta situación, o PP tamén decidiu interesarse no Consello Consultivo ó respecto dos trámites realizados polo equipo de goberno de cara ó nomeamento do escritor coma fillo adoptivo da Pobra. Atopándose con algunha que outra sorpresa.
BARBANZA> A área de Servizos Sociais inviste neste programa preto dos 500 mil euros, dando resposta ós 88 concellos con menos de cincuenta mil habitantes da provincia. Con este programa de teleasistencia domiciliaria que desenvolve a Deputación da Coruña, a través da área de Servizos Sociais, búscase promover o benestar das persoas maiores, persoas con diversidade funcional e dependentes. O servizo botaba a andar no ano 1999, aínda que foi nestes últimos anos cando experimentou un aumento progresivo na súa demanda, dando resposta ós 88 concellos da provincia con memos de 50 mil habitantes. Na actualidade a Deputación é o organismo que asume o custe íntegro do programa, cunha achega económica de preto dos 500 mil euros. Trátase en definitiva dun servizo que vén a dar seguridade e confianza ás persoas que máis o necesitan, permitíndolles poder estar en contacto con persoal especializado as 24 horas do día os 365 días do ano, axudándoos ante calquera situación de emerxencia que puidera ocorrer.
RIBEIRA> A mostra será inaugurada este próximo venres na casa do concello de Ribeira. Co gallo do seu trinta e cinco aniversario, AMBAR amosará parte da historia deste gran proxecto a través dunha exposición retrospectiva que se poderá visitar ata o 15 de decembro na casa do concello. A mostra estará composta por quince obras elaboradas no taller de Ambar que combinan texto, pintura e fotografía. A intención do concello é seguir a colaborar non só na organización de actos conmemorativos senón na toma de medidas para conseguir unha accesibilidade real. A apertura da mostra terá lugar este venres ás sete da tarde.
POBRA> O BNG da Pobra solicita a dimisión da concelleira de Cultura, Genoveva Hermo, tras ter coñecemento de que foi ela a autora da retirada da placa de Anxo Rei Ballesteros que eles colocaran de xeito simbólico naPpraza do Emigrante este domingo.
RIBEIRA> A CIG do Barbanza celebrou unha manifestación contra a violencia de xénero. Con este acto, ó que asistiron os delegados sindicais na comarca, a organización reclama maior igualdade no ámbito laboral para acabar co acoso no traballo que sofren as mulleres.
BOIRO> A corporación municipal boirense debateu a aprobación inicial dos orzamentos municipais para o vindeiro ano 2018. O punto saíu adiante cos votos a favor unicamente do Partido Popular. Tódolos grupos da oposición votaron en contra da proposta do goberno municipal.
POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar alegacións á suba da taxa do abastecemento da auga proposta pola empresa concesionaria. Os nacionalistas animan ós veciños que se opoñan a estes incrementos a que presenten tamén as súas emendas a título particular.
Xoves, 23 Novembro 2017 15:38

Xa á venda o calendario 2018 de Amicos

BARBANZA> As fotografías que aparecen nel volven a estar protagonizadas polos propios usuarios da entidade. Por quinto ano consecutivo, e debido tamén ó éxito de edicións anteriores, Amicos volverá a sacar á rúa o seu calendario solidario. Faino coa finalidade de recadar fondos para os programas que desenvolve a entidade ó longo do ano pero tamén para ensalzar a capacidade de integración laboral das persoas con discapacidade intelectual. Precisamente as fotografías que aparecen no calendario están protagonizadas polos propios usuarios da entidade e foron realizadas nunha ducia de negocios da comarca que quixeron colaborar coa iniciativa. Trátase de Construcciones Serdeco, Mar de Aguiño, Conxelados Piloño, Industria Química Río Blanco, Hispania Protección y Seguridad, Ferretería Casais, Talleres Susavila, Seguros Bilbao de Boiro, Digar Construcciones Metálicas, grupo JB CAO, Pinturas Isaval e Combustibles Puebla, ademais da propia Asociación de Empresarios de Boiro, en cuxa sede se realizou esta presentación. Os calendarios xa están a venda en dúas versións, tanto para parede como para mesa, a un prezo de tres e dous euros respectivamente. Para adquirilos, as persoas interesadas poden achegarse a algún dos centros de Amicos, tanto noo Centro de Atención Integral de Amicos en Comoxo coma no Centro de Educación Especial en Oleiros, así como tamén nas propias empresas que colaboran coa iniciativa.
RIANXO> Aínda así as máis de trinta embarcacións que se dedican a esta arte no porto rianxeiro auguran que será unha campaña curta, debido á escasa presenza deste produto. Como en todo, cúmprese coa lei da oferta e da demanda. Ou isto é o que deben pensar os mariñeiros de Rianxo que se dedican ó ou bou de vara. A campaña desta arte, iniciada hai varias semanas está a resultar regular, debido ás escasas capturas, especialmente de peixe. A unica especie que está a manter un pouco o tirón é a volandeira, que acada en rula unha cotización máxima duns dez euros. Un prezo maior ó de anos anteriores. En Rianxo son ó redor dunhas 40 as embarcacións con permiso para dedicarse a esta arte, aínda que non todas elas deciden traballar nesta pescaría que ten na volandeira a principal especie de captura, seguido do choco e da nécora. Trátase dunha arte complicada, moi condicionada tamén polo tempo no mar. A maior parte do peixe e do marisco capturado do bou vai para o consumo en fresco, mentres que a maioría da volandeira vai destinada á conserva.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook