• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Esta madrugada falecía o ex alcalde ribeirense Ricardo Pérez Queiruga ós oitenta e sete anos de idade.
BOIRO> Poñen como exemplo a perda das axudas do Plan de Impulso ó Medio Ambiente que promove o Goberno Central que lle permitirían ó Concello poder acceder ó financiamento de proxectos vinculados á reciclaxe de residuos dentro do ámbito local.
RIBEIRA> Os afectados pola EDAR de Ribeira saíron razoablemente satisfeitos da xuntanza mantida a pasada tarde cos responsables da administración. Acuaes, a empresa que executou as obras, comprometeuse a realizar traballos de desodorización para eliminar por completo o problema de cheiros que sofren os veciños dos Areeiros.
RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira permanecerán parados durante todo o mes de maio para dar descanso ó banco dos Miñoteiros onde retomaran a actividade. A caída dos prezos motivou este peche temporal no que agardan que a ameixa acade o tamaño comercial.
BOIRO> A asociación Cultural Barbantia e o concello de Boiro volven colaborar na organización da Romaría das Letras que se celebrará o día 17 no pazo de Goiáns. Concertos, recitais, obradoiros, presentacións de libros ou exposición sucederanse durante toda a xornada festiva.
BOIRO> Unha das embarcacións será empregada este xoves en Asturias por Adrián Mosquera nas clasificatorias para o Campionato de Europa.
PORTO DO SON> A corporación sonense celebrou esta mañá o pleno extraordinario para tratar as reunións de concelleiros delegados.
POBRA> A Garda Civil procedeu á detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra. O home permaneceu atrincheirado durante catro horas nunha vivenda no centro da vila, rodeada por efectivos da Garda Civil e a Policía Local. Finalmente, entregouse de xeito voluntario.
BOIRO> na derradeira xornada da competición os boirenses recibirán en Barraña ó Burgos.
RIANXO> A actuación, incluída no Plan de Obras da Deputación da Coruña, conta cun investimento próximo ós 90 mil euros.
BARBANZA> Os nacionalistas botan en falla unha formación propia que defenda os intereses da nosa Comunidade, como acontece con Euskadi ou Canarias, que se viron moi beneficiadas no reparto de fondos.
BOIRO> Os de Fredi viaxarán a terras ferroláns para xogar contra o Racing de Ferrol. O Boiro non lle vale máis que a vitoria e agardar tamén o tropezo dalgún dos seus directos rivais pola permanencia.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook