• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Trátase do traballo de campo realizado durante este último ano pola empresa ALG co obxecto de redactar o Plan de Mobilidade Urbano Sostible, unha das actuacións incluídas no proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’.
RIBEIRA> O Concello de Ribeira informou de que xa foi adxudicada á empresa Comercial Mallo Area, S.L., a subministración da madeira tratada necesaria para a ampliación do sistema de pasarelas da praia da Catía por un importe de máis de 58 mil euros. A actuación, que será realizada polos alumnos de carpintería do obradoiro de emprego Tahúme, será realizada na primeira semana de abril e implicará a prolongación desta da pasarela en 475 metros repartidos en dous tramos. De acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, un primeiro tramo partirá da desembocadura do río Listres e unirá as praias de Catía e o Castro ó longo de 300 metros. A maiores, nesta área de actuación situaranse cinco bancos de madeira e un lavapés de praia. Tamén se instalarán dous pasarelas de madeira transversais de aproximadamente 6 metros de longo cada unha co fin de facilitar o acceso ao areal. A segunda zona de actuación estará delimitada nas inmediacións da zona do Carreiro, no tramo final da Catía. Neste punto, instalaranse outros 175 metros de pasarela.
O empresario elixido esta pasada fin de semana coma novo presidente da patronal rianxeira. A súa candidatura, a única presentada, recibiu o apoio unánime dos socios.
RIANXO> O banco dos Lombos do Ulla reabría este luns tras tres semanas de peche por mor das riadas. Os resultados destas primeiras xornadas están a ser máis ben modestos, con escaseza de ameixa xapónica aínda que maior presenza da fina.
RIANXO> A policía local de Rianxo iniciou unha campaña informativa entre os veciños ante a súa disconformidade co protocolo do 112. O servizo non dá aviso á xefatura local dos incidentes producidos fóra do casco urbano co que os axentes ou non acoden ou chegan tarde.
RIBEIRA> O Concello de Ribeira está a acometer a mellora no lugar de Cruxeiras consistente na instalación de redes de saneamento, pluviais e abastecemento e dunha nova pavimentación.
Venres, 07 Marzo 2014 18:54

Ribeira coma destino turístico

RIBEIRA> Unha sesión informativa entre empresarios e asociacións serviu para ofrecer unha primeira aproximación á nova plataforma web turístico-patrimonial do municipio.A iniciativa é unha das actuacións incluídas no proxecto 'Riveira Atlántica 2015', cofinanciado nun 70% con fondos Feder, que está chamada a ser un revulsivo na comercialización do concello como destino. Con tal motivo, dous técnicos de Avansig, empresa encargada da elaboración destes traballos, compareceron xunto ó alcalde, Manuel Ruíz, para amosar o enorme potencial dun proxecto que, en palabras do propio rexedor 'é moitísimo máis que unha páxina web e está na primeira división das ferramentas tecnolóxicas deste tipo. A plataforma non só está orientada ó visitante, senón que tamén o propio cidadán se verá beneficiado por un amplo abano de servizos conducentes a mellorar a comunicación administración-administrado. E todo isto poderá realizarse tanto a través da dirección web turismo.riveira.es, que xa está habilitada en fase de probas e corrección de erros, como mediante dúas aplicacións para teléfonos móbiles: ‘Smart Riveira’ (orientada a cidadáns) e Turismo Riveira (orientada a visitantes). Ambas xa están dispoñibles en versión beta na ‘App Store’ (teléfonos iPhone) e en Google Play (dispositivos con sistema operativo Android). Co fin de afondar nas potencialidades da ferramenta, as empresas e asociacións terán oportunidade de participar nunha sesión formativa o próximo mércores en horario de mañá na Aula Multimedia de Ribeira situada en Cubeliños. Unha vez rematada estas sesión, o concello ten previsto tamén realizar unha presentación pública desta novidosa plataforma.
BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo esta mañá a un home e a súa muller, veciños da localidade, de 56 e 55 anos respectivamente, por un presunto delito de estafa a dúas aseguradoras por máis de 33 mil euros. Ó parecer, e segundo se desprende das investigacións, denunciaran ata en dúas ocasións roubos no seu taller, un en setembro de 2012 e outro en xaneiro pasado, presentando nas compañías aseguradoras facturas falsas pola compra de diverso material que lle fora subtraído, cando en realidade non era cero. Os feitos xa foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Dous de Ribeira, aínda que as investigacións continúan abertas e non se descartan novas detencións.
Publicado en SUCESOS
RIBEIRA> Inaugurada a segunda edición da Feira de Inverno do Comercio e da Hostalería en Ribeira. Un total de trinta e oito comerciantes e cinco hostaleiros participan na iniciativa que se desenvolverá durante toda a fin de semana nunha carpa instalada na Avenida do Malecón.
POBRA> A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de dar o visto bo á mellora da estrada da Baiuca, no concello da Pobra do Caramiñal. O alcalde, Isaac Maceiras, mostrou a súa satisfacción por este anuncio, que permitirá a construción da tan ansiada circunvalación e así desviar o tráfico pesado do casco urbano.
POBRA> AGAMAR está a traballar nun proxecto común que busca a posta en valor da pesca artesanal en colaboración coa rede internacional de países mediterráneos MEDERNET.
POBRA> A proba, que está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, reunirá na localidade a máis de 500 rapaces procedentes de distintas entidades deportivas de toda Galicia.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook