• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBEIRA> O BNG de Ribeira critica que se destine unha partida de corenta e seis mil euros a financiar o xantar dos maiores. Propoñen que se invistan estes fondos en axudas ó transporte público.
POBRA> O PP da Pobra compareceu ante os medios de comunicación para explicar a súa postura con respecto á solicitude de creto debatida no último pleno. Os populares votaron en contra desta operación de tesourería por valor de cento cincuenta mil euros posto que o proxecto carece dunha memoria técnica e de viabilidade.
RIBEIRA> Medio Ambiente someterá a consulta a modificación puntual do PXOM de Ribeira e o informa ambiental remitido polo concello para a ampliación do polígono industrial. Os terreos nos que se prevé emprazar o futuro parque sitúanse na parroquia de Oleiros.
POBRA> Xa hai data para o xantar do maior da Pobra. Será o 24 de novembro no pavillón polideportivo de Venecia. Os interesados en asistir, maiores de sesenta anos, xa poden reservar a súa praza. O prezo do cuberto é de quince euros.
POBRA> Os usuarios da asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR esta mañá na Pobra protagonizaron unha concentración pola accesibilidade. Trátase dunha iniciativa promovida pola Confederación Españolas de Persoas con Discapacidade, no marco da cal se desenvolveron trinta e cinco protestas simultáneas.
RIANXO> A plataforma polo centro de día de Rianxo creará un centro de interpretación da súa protesta. Pretenden poñer en valor a súa reivindicación converténdoa nun atractivo turístico máis do concello.
RIANXO> Esta semana deron comezo os traballos de consolidación do Castelo da Lúa en Rianxo. A intervención do xacemento levarase a cabo en dúas fases e estará concluída antes do próximo verán. O orzamento da actuación supera os douscentos mil euros.
BARBANZA> Portos de Galicia investirá trece millóns de euros en infraestruturas durante o 2018. Destaca a dotación de pantaláns en varios peiraos arousáns así como os proxectos de remodelación do bordo portuario en Noia e Portosín.
RIBEIRA> Primeira xornada de traballo nas autorizacións marisqueiras de Ribeira. Tal e como auguraban as mostraxes non abunda o marisco. Sen embargo, destaca a boa calidade da ameixa.
POBRA> O BNG da Pobra demanda a posta en marcha do regulamento de participación cidadá aprobado polo concello. A pesar de que o pleno lle dou o visto bo definitivo en marzo, non se ten acometido aínda ningunha actuación para o seu desenvolvemento.
RIBEIRA> A actuación, incluída no denominado Plan Hurbe, conta cun orzamento duns douscentos mil euros. A actuación, incluída no denominado Plan Hurbe, ten coma principal finalidade mellorar a seguridade viaria neste vial, un dos principais accesos á cidade. Trátase xa da terceira fase levada a cabo na zona e comprende o tramo entre o cruce coa rúa Vionta e o cruce coa rúa Estrada a Praia. Dende a Xunta aludiron á importancia do proxecto, xa que ademais da súa mellora estética, conlevará a renovación das beirarrúas e os servizos, así como a supresión de barreiras arquitectónicas. O alcalde agradeceu a implicación da Xunta nesta obra que virá a mellorar a seguridade do tráfico nunha zona especialmente problemática de especial intensidade de tráfico ó situarse nunha das vías de entrada e saída do municipio. A intención do Concello pasa por continuar esta actuación coa unión dos dous carrís bicis existentes na zona, o do Touro con Coroso, a través da mellora prevista para a Avenida do Malecón e posteriormente coa parroquia de Palmeira. A actuación, cun orzamento de preto dos 200 mil euros, estará rematada a finais deste mes de novembro, cumpríndose así os prazos previstos ó inicio das obras.
RIBEIRA> O polbo esta case ausente das prazas de abastos. O pouco que puidemos atopar roldaba os doce euros, prezos que disuaden á maioría dos compradores. As escasas capturas están detrás deste encarecemento.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook