• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> A derrota en Castellón privoulles de facer historia.
BOIRO> O BNG critica o gasto de cinco mil euros anunciado polo goberno de Boiro para a elaboración dun estudo sobre os usos do Pazo de Goiáns. Lembran os nacionalistas que xa existe un informe para a conversión deste espazo nun gran centro cultural.
BOIRO> O Club Deportivo Boiro cae ante o Racing de Santander por tres goles a dous. Aínda así os boirenses ofreceron unha boa imaxe poñendo en serios apuros ó colíder da categoría, que conseguiría o gol do trunfo a piques de cumprirse o tempo regulamentario.
POBRA> A confraría da Pobra demanda unha serie de melloras nas instalacións portuarias. Unhas encamiñadas a dotar o peirao de máis seguridade contra os roubos e as outras para facilitar o traballo dos profesionais.
POBRA> O goberno da Pobra presentará nos próximos días o informe do secretario municipal en relación á validez do nomeamento dos fillos adoptivos do concello. Mentres tanto piden ó PP a máxima prudencia ante as valoracións realizadas a pasada semana nas que o voceiro popular consideraba aprobada a distinción de Anxo Rei Ballesteros.
BOIRO> O conselleiro de Industria, Francisco Conde, participaba esta mañá no acto de inauguración das novas instalacións asentadas no pilígoo de Espiñeira.
BOIRO> Os galardóns nesta primeira edición recoñecían entre outras categorías ós mellores deportistas, clubs e adestradores locais.
RIBEIRA> Mestres e alumnos do IES Leliadoura concentráronse ás portas do centro para reclamar a dotación de fibra óptica. Denuncian os problemas que conleva a actual conexión por radioenlace, con frecuentes caídas da rede.
POBRA> Ademais de premiar a un cento de atletas polos logros acadados durante o ano 2016, recoñecerase o labor doutros colectivos federados como xuíces, adestradores ou clubs.
RIBEIRA> Dúas procesións, a do Paso e o Santo Enterro, conforman os principais actos da Semana Santa de Ribeira. Están previstas ademais numerosas celebracións relixiosas que darán comezo este domingo de Ramos.
RIBEIRA> Espectacular incendio o rexistrado a primeira hora desta mañá nun solar deshabitado en Ribeira. A pesar da alarma xerada pola rápida propagación das lapas non houbo que lamentar danos persoais.
RIBEIRA> Ó redor de douscentos escolares participarán na sexta edición do Torneo Panos Brancos contra a droga. A xornada, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase este venres en Ribeira. A principal novidade é a incorporación de catro probas de atletismo.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook