• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> A primeira plataforma de venda online do pequeno comercio xa é unha realidade. Este domingo presentábase Dean Shop, unha ferramenta online que permite mercar en cinco establecementos. A iniciativa é posible grazas á asociación do pequeno comercio da Pobra.
RIBEIRA> O documento orzamentario ascende a máis de 28 millóns e medio de euros, un 33% máis con respecto ó do exercicio anterior, grazas en parte á aportación de fondos estatais para poder desenvolver o proxecto ‘Riveira Atlántica’.
BOIRO> O Club Deportivo Boiro recibe este domingo en Barraña ó Mutilvera. Os dous equipos chegan a esta xornada en idéntica situación. O Boiro ocupa a última das prazas de descenso directo. Son décimo sétimos con 33 puntos. E os navarros en postos de promoción de descenso. Son décimo sextos cun punto máis, 34. O factor cancha no choque pode ser determinante.
POBRA> Remata o mes de marzo e, con el, a campaña de libre marisqueo en Arousa. Os malos resultados dos tres últimos meses contrastan co bo arranque entre outubro e decembro.
POBRA> O goberno da Pobra presentou novamente o inventario municipal de camiños. O documento inclúe dúas novas alegacións, das seis presentadas nesta fase de revisión.
Venres, 31 Marzo 2017 14:19

AMICOS racha coas barreiras do autismo

RIBEIRA> Ribeira foi o escenario elixido por AMICOS para conmemorar o Día Mundial do Autismo. Acompañados das súas familias, os usuarios da asociación racharon, de xeito simbólico, coas barreiras que atopan día a día as persoas autistas.
RIANXO> Rianxo acollerá entre o cinco e o sete de maio a cuarta edición do Foro de Rehabilitación. Arquitectos da talla de David Chipperfield. Luis Gil Pita ou Cristina Nieto abordarán aspectos tan diversos como a restauración nas vilas mariñeiras ou a aplicación das tecnoloxías 3D ás reformas inmobiliarias.
POBRA> O executivo da Pobra presentou a súa proposta de orzamentos participativos. A intención do goberno é reservar unha partida para acometer as actuacións solicitadas polos veciños que se recollerán a través de asembleas veciñais.
RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, recibía este mediodía no salón de plenos do Concello a unha delegación de equipo australiano de taekwondo ‘Melbourne Taekwondo Center’. A expedición, formada por quince deportistas e dous adestradores, está a pasar uns días na localidade a invitación do club local Natural Sport, despois de ter participado a semana pasada no Open de España que se disputou en Alacante. No acto, que rematou cun intercambio de agasallos, tamén tomaron parte o edil de Deportes, Anxo Orellán e o director deportivo do Natural Sport, Juan Luis Martínez.
LOUSAME>A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fíxolle entrega os alcaldes destes concellos de tres pértegas que permitirán a eliminación dos niños a gran altura.
RIBEIRA> Dúas mulleres resultaron feridas esta mañá nun accidente rexistrado na estrada provincial AC-550, á altura de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros. O suceso producíase ó redor das once e media. Por causas polo de agora descoñecidas, o turismo no que viaxaban, un Renault Megane, acabou saíndose da estrada e volcado. Un grupo de veciños da zona foron os primeiros en socorrer ás vítimas. Posteriormente desprazáronse ata o lugar diversos efectivos de emerxencias como o grupo municipal e os bombeiros do Parque de Ribeira, así como unha dotación de tráfico que se encargou da regulación do tráfico mentres durou a intervención. Unha ambulancia encargouse de trasladar ás dúas mulleres ata o hospital da Barbanza, aínda que o seu estado non era grave.
RIANXO> Achegar a ciencia ós máis pequenos. Ese é o obxectivo do Centro Rural Agrupado de Rianxo que acolleu unha xornada divulgativa sobre a oceanógrafa Ánxeles Alvariño.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook