• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Douscentos deportistas de diferentes nacionalidades participan no campamento de Taekwondo Soño Olímpico que se celebra estes días no Cámping Ría de Arousa en Ribeira. Esta tarde recibiron a visita da secretaria xeral para o Deporte quen se sumou ós adestramentos da man da elite internacional deste deporte.
RIBEIRA> Á espera de que os datos do teléfono móbil de Diana Quer poidan aportar información sobre o paradoiro da moza, continúan as investigacións sobre o terreo. Nos últimos días, axentes da Policía Nacional inspeccionaron unha finca en Ribeira onde unha testemuña declarou ver a unha persoa enterrando algo nas datas posteriores á desaparición.
POBRA> O BNG da Pobra amosou o seu rexeitamento á nova ampliación da Tomada que propón o Partido Popular. Os nacionalistas critican ó goberno de Nós Pobra por permitir que o proxecto saia adiante coa súa abstención.
BOIRO> Ciudadanos Boiro denuncia o mal estado do vial que comunica os núcleos de Berres e O Saltiño. O seu voceiro, Javier Chouza, solicita que se dote de beirarrúas a esta estrada, cada vez máis transitada.
RIANXO> A segunda edición do Trail Pico Muralla chegará a Rianxo o próximo vinte e tres de xullo. Este ano, a proba contará cun percorrido de quince quilómetros fronte ós cinco da pasada edición.
RIANXO A entidade traslada así o seu malestar ante a falla de resposta por parte da Xunta á súa demanda para que se dote á localidade deste servizo. Segundo indicou a Concha Sánchez, a Plataforma estuda agora novas accións de protesta para seguir coas súas demandas. Á campaña de chamadas á consellería de Política Social reclamando a construción do centro de día seguiranlle outras, que agardan poder anunciar xa este próximo domingo durante a convocatoria dunha nova mobilización. Seguramente a última que se celebre nos próximos meses.
RIANXO> O concello de Rianxo vén de entregar unha pá de fibra de carbono ó piragüista Adrián Mosquera. Deste xeito pretenden recoñecer os importantes éxitos acadados polo deportista rianxeiro e apoialo de cara ó campionato europeo que disputará a próxima semana en Bulgaria.
POBRA> Novidades no caso Diana Quer. A Garda Civil conseguiu desbloquear o teléfono da moza. A operación foi levada a cabo por unha empresa israelí nun laboratorio en Alemaña. Os investigadores agardan extraer información relevante que permita arroxar luz sobre a desaparición.
Mércores, 05 Xullo 2017 18:49

Boiro presume xa de bandeiras azuis

BOIRO> Esta mañá o alcalde, Xoán Xosé Dieste, e a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, procedían, na praia de Barraña, ó izado simbólico dun destes distintivos. A praia de Barraña foi o lugar elixido para o izado simbólico da bandeira azul en Boiro. Nun acto, no que ademais do alcalde, Xoán Xosé Dieste, se contou coa presenza da directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz. Segundo ela trátase dun exemplo máis do compromiso sostible que dende hai anos se promove dende a Xunta de Galicia. Pola súa banda o rexedor boirense destacou a importancia deste distintivo que premia os servizos e a calidade que se presta, non só nas seis praias nas que ondeará este ano a bandeira azul, senón tamén nun sendeiro azul, nun centro azul e tamén no Club Náutico de Cabo de Cruz.
RIBEIRA> Tras mes e medio de veda, os polbeiros volveron a actividade. Nestas primeiras xornadas non foi difícil acadar os topes de trinta quilos. Os prezos mantéñense altos, en niveis moi similares ós de antes do paro.
RIBEIRA> A casa do concello de Ribeira acollerá ata finais de mes a exposición do artista uruguayo Hugo Mario Pereira. Vinte dúas pinturas repartidas por diferentes estancias do consistorio constitúen unha ampla retrospectiva da obra deste artista afincado no Grove.
RIBEIRA> Mago de Oz, Merche e Treixadura serán os pratos fortes das festas do verán de Ribeira. Estas actuacións súmanse á numerosa oferta de lecer programada polo concello para os meses de xullo e agosto no marco do programa ‘A Fiestra da Cultura’.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook