• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POIO> Onte dábamoslles conta da marcha da concelleira de Cultura de Poio. Silvia Díaz deixa o BNG e o goberno municipal, aínda que continuará na corporación como edil non adscrita. Hoxe falamos co alcalde, Luciano Sobral, que esta mañá asinou os decretos que reorganizan o seu equipo de goberno. Sobral respecta a decisión de Díaz, aínda que lle pediu que entregue a súa acta.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Segundo os nacionalista trátase dunha estrada secundaria que é empregada por moitas persoas que acoden a diario ó centro hospitalario.
BOIRO> O BNG de Boiro critica a intención do executivo de converter o aparcadoiro da Boqueira de A Negral nun almacén. Os nacionalistas entenden que é preciso dotar ó casco urbano dun espazo de estacionamento, tal e como estaba proxectado.
RIBEIRA> Os nacionalistas levarán esta solicitude ó próximo pleno da corporación.
POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando o recoñecemento da figura do escritor Anxo Rei Ballesteros. Piden que se inicien os trámites para o seu nomeamento como fillo adoptivo do concello e se lle dedique unha rúa ou praza.
BARBANZA> Coa finalidade de afianzar o proxecto nacionalista e actualizar o seu discurso, o BNG vai desenvolver nas próximas semanas o proceso Adiante, xurdido a raíz do último Consello Nacional da formación.
Publicado en portada
POBRA> A solicitude será levada ó Parlamento a través dunha Propisicón non de Lei que presentará o seu grupo parlamentario.
POBRA> O BNG da Pobra denuncia a ineficacia na xestión do goberno municipal ante a falla de propostas encamiñadas a mellorar o concello. Advirten ademais de que aínda non se teñen iniciado as reunións coa oposición para elaborar os orzamentos, o documento máis importante para o bo funcionamento da xestión municipal.
POBRA> O BNG da Pobra propón a creación dun área de rehabilitación integral no casco antigo da vila co fin de fomentar a restauración de vivendas en mal estado. na moción presentada polos nacionalistas contémplase ademais a creación dunha bolsa de aluguer social que contribuiría a fixar poboación no municipio a través da ocupación de vivendas baleiras.
RIBEIRA> Seguindo co proceso de renovación iniciado xa coa elección do novo consello comarcal, o BNG de Ribeira, elixiu por unanimidade a Elvira Blanco coma nova responsable local.
BARBANZA> Cristina Andrade é a nova responsable do BNG do Barbanza. A asemblea comarcal ratificou a candidatura encabezada pola edil pobrense por ampla maioría, con tódolos votos a favor agás dúas abstencións. O novo consello comarcal avogará pola participación activa de toda a militancia así como pola promoción da cultura e normalización da lingua galega.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook