• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
LOUSAME> Augas de Galicia confirma a alta concentración de metais pesados nos afluentes de San Finx, en Lousame. Estas analíticas corroboran a denuncia realizada en xaneiro por ADEGA sobre os verquidos contaminantes derivados da explotación das minas.
POBRA> O BNG do Barbanza presentará iniciativas en tódolos concellos da comarca instando á Xunta a mellorar o sistema de reparto de fondos. Solicitan a implantación dun plan único que garanta a transparencia e obxectividade para garantir unha distribución equitativa dos cartos públicos.
POBRA> O BNG da Pobra vén de presentar unha moción para solicitar o apoio do concello á plataforma de vítimas do Alvia 04155. Os nacionalistas piden que se abra unha comisión en sede parlamentaria para depurar responsabilidades políticas pola traxedia ferroviaria na que faleceron 80 persoas en 2013.
Pontevedra> En Marea e o BNG de Pontevedra non chegaron a ningún acordo despois de 6 reunións. Dende a forza liderada por Luis Rei dan por zanxada esta rolda de contactos. O líder de En Marea valorou positivamente a disposición dos nacionalistas pero cree que o BNG puido ofrecer algo máis neses encontros.
Publicado en PONTEVEDRA
BARBANZA> Os nacionalistas impulsan unha campaña co gallo da conmemoración a vindeira semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ó goberno local sobre as posibles irregularidades no proceso de selección de persoal para ocupar 12 postos de auxiliar de policía local. Un dos aspirantes afirma que solicitou facer a proba en galego, e esta petición foille denegada.
BOIRO> Os nacionalistas reclaman máis investimento en saneamento e tamén á rehabilitación do pazo de Goiáns.
NOIA> Á convocatoría, que partiu da CIG–Saúde, sumáronse tamén representantes do BNG, PSOE e Marea.
NOIA> Para os nacionalistas trátase dun presuposto ostentoso e partidista. Botan en falla máis investimento en saneamento e gasto social.
NOIA> Segundo os nacionalistas esta situación obriga a moitos veciños da comarca a ter que desprazarse a Santiago, ou no peor dos casos recorrer á sanidade privada, para poder facer este tipo de probas. Logo da denuncia realizada pola CIG, á que tamén se sumou SOS Sanidade Pública, o BNG levará ó Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, os problemas da avaría da máquina de raios X do centro de saúde de Noia . Os nacionalistas denuncian a situación pola que están a atravesar moitos veciños de Noia, Lousame, Porto do Son e Outes que se ven obrigados a desprazarse ata Santiago, ou no peor dos casos a acudir á sanidade privada, para poder realizar estas probas. Dende o BNG de Muros-Noia consideran que esta situación, derivada da política de recortes en sanidade, non é sostible no tempo, causando un grave prexuízo, polo que esixen unha pronta solución do problema, que non implique a redución de servizos sanitarios nos centros de asistencia primaria. Por esta razón dende o BNG noiés sinalaron tamén que se sumarán á concentración convocada pola CIG prevista para o próximo luns diante do propio centro de saúde.
BOIRO> Os nacionalistas denuncian o estado de abandono no que se atopa actualmente a primeira fase do proxecto deste Centro.
PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son recibirá do Plan Único da Deputación preto de 866.000 euros. O BNG da localidade pediu hoxe que estes cartos se destinen a manter o mobiliario municipal que se atopa nun estado de precariedade. Ademáis, os nacionalistas criticaron o reparto inxusto que se facía das aportacións cando o Partido Popular estaba na Deputación.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook