09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
BARBANZA> Os nacionalistas impulsan unha campaña co gallo da conmemoración a vindeira semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ó goberno local sobre as posibles irregularidades no proceso de selección de persoal para ocupar 12 postos de auxiliar de policía local. Un dos aspirantes afirma que solicitou facer a proba en galego, e esta petición foille denegada.
BOIRO> Os nacionalistas reclaman máis investimento en saneamento e tamén á rehabilitación do pazo de Goiáns.
NOIA> Á convocatoría, que partiu da CIG–Saúde, sumáronse tamén representantes do BNG, PSOE e Marea.
NOIA> Para os nacionalistas trátase dun presuposto ostentoso e partidista. Botan en falla máis investimento en saneamento e gasto social.
NOIA> Segundo os nacionalistas esta situación obriga a moitos veciños da comarca a ter que desprazarse a Santiago, ou no peor dos casos recorrer á sanidade privada, para poder facer este tipo de probas. Logo da denuncia realizada pola CIG, á que tamén se sumou SOS Sanidade Pública, o BNG levará ó Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, os problemas da avaría da máquina de raios X do centro de saúde de Noia . Os nacionalistas denuncian a situación pola que están a atravesar moitos veciños de Noia, Lousame, Porto do Son e Outes que se ven obrigados a desprazarse ata Santiago, ou no peor dos casos a acudir á sanidade privada, para poder realizar estas probas. Dende o BNG de Muros-Noia consideran que esta situación, derivada da política de recortes en sanidade, non é sostible no tempo, causando un grave prexuízo, polo que esixen unha pronta solución do problema, que non implique a redución de servizos sanitarios nos centros de asistencia primaria. Por esta razón dende o BNG noiés sinalaron tamén que se sumarán á concentración convocada pola CIG prevista para o próximo luns diante do propio centro de saúde.
BOIRO> Os nacionalistas denuncian o estado de abandono no que se atopa actualmente a primeira fase do proxecto deste Centro.
PORTO DO SON> O Concello de Porto do Son recibirá do Plan Único da Deputación preto de 866.000 euros. O BNG da localidade pediu hoxe que estes cartos se destinen a manter o mobiliario municipal que se atopa nun estado de precariedade. Ademáis, os nacionalistas criticaron o reparto inxusto que se facía das aportacións cando o Partido Popular estaba na Deputación.
POBRA> Reclama do Concello unha actuación de urxencia que garanta a conservación deste edificio catalogado como Monumento histórico-artístico de interese nacional.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama ó goberno local a regularización no Inventario Municipal dos terreos do lugar do Couso, en Aguiño, que foron cedidos a veciños con dificultades hai décadas. Afirman que a picaresca fixo que algúns veciños se estean aproveitando de parcelas que son de todos. 
POBRA> Considera importante que o Concello desenvolva estes actos durante este mes de febreiro, cando se cumpren 180 anos do seu nacemento.
POBRA> O BNG da Pobra presentou esta mañá no concello unha soliticitude para mellorar o pésimo estado no que se atopa o asfalto da Rúa Xerardo Fernández Albor e os accesos ós aparcadoiros da zona portuaria da vila. As enormes fochancas, denuncian, están a causar graves problemas  ós cidadáns.  
HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook