• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal proponlle ó equipo de goberno levar adiante unha campaña de dinamización da lectura e a adaptación do horario da biblioteca municipal. Dende a formación nacionalista pídese tamén a ampliación do seu horario e a busca dun novo local máis acaído as necesidades actuais.
POBRA> Os cativos da Pobra de Caramiñal, durante este mes de xullo, non contarán con servizo de pediatría no seu Centro de Saúde. O BNG do concello pedíu que se cubran no verán as ausencias do actual e único pediatra do centro.
PONTEVEDRA> A ruptura do pacto de goberno entre BNG e PSOE na Deputación de Lugo non afectará á institución provincial pontevedresa. As dúas formacións amosáronse moi satisfeitas co funcionamento deste bipartito, que se está a cinguir ao recollido no pacto de goberno que asinaron ao inicio do mandato. 
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Os nacionalistas queren que o alcalde dea as explicacións oportunas en relación á sanción imposta ó Concello polo TSXG por un vertido da decantadora do Touro que afectou a varios polígonos de bateas.
BARBANZA> Catro barbanzáns integran as listas de Nós Candidatura Galega para as eleccións do vinte e seis de xuño. Ademais do cabeza de cartel pola Coruña, Carlos Callón, concorren como suplentes ó congreso Cristina Andrade e Xosé Deira. O ribeirense Vázquez Cobas será candidato ó senado.
RIBEIRA> Os veciños quéixanse de que non poden acceder ás súas parcelas a consecuencia da construción do paseo fluvial do río Arlés.
POBRA> Veciños do lugar do Conchido na Pobra do Caramiñal mostraron o seu malestar polo estado de abandono que presenta a zona. Das súas queixas fíxose eco o BNG que a través dun escrito presentado no Concello solicita diversas melloras no lugar.
MUROS> O BNG insta á Xunta de Galicia a retirar as gaiolas experimentais de salmón da ría de Muros. Entenden que, caducada a concesión e fracasado o proxecto, tan só procede quitar estas estruturas, tres anos despois da súa instalación.
POBRA> O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das condicións da concesión por parte da gasolineira do porto da Pobra que dá servizo a turismos particulares. Lembran que Portos tan só autorizou o subministro a embarcacións e vehículos profesionais.
PONTEVEDRA> O BNG monta un acto de apoio en favor dos seus deputados César Mosquera e Uxío Benítez. Nunha multitudinaria concentración de cargos públicos e representantes do partido, coa voceira nacional, Ana Pontón, á cabeza, expresaron ante a Deputación de Pontevedra a súa intención de continuar cunha política que, din, abole os privilexios e elimina o caciquismo que existía na época do Partido Popular.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Tanto PP coma BNG coinciden á hora de criticar ó equipo de goberno pola súa ineficacia e falla de xestión.
RIBEIRA> Dende a formación nacionalista consideran necesario unha actuación urxente na zona pois está a afectar a unha importante zona marisqueira.

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook