• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Os veciños quéixanse de que non poden acceder ás súas parcelas a consecuencia da construción do paseo fluvial do río Arlés.
POBRA> Veciños do lugar do Conchido na Pobra do Caramiñal mostraron o seu malestar polo estado de abandono que presenta a zona. Das súas queixas fíxose eco o BNG que a través dun escrito presentado no Concello solicita diversas melloras no lugar.
MUROS> O BNG insta á Xunta de Galicia a retirar as gaiolas experimentais de salmón da ría de Muros. Entenden que, caducada a concesión e fracasado o proxecto, tan só procede quitar estas estruturas, tres anos despois da súa instalación.
POBRA> O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das condicións da concesión por parte da gasolineira do porto da Pobra que dá servizo a turismos particulares. Lembran que Portos tan só autorizou o subministro a embarcacións e vehículos profesionais.
PONTEVEDRA> O BNG monta un acto de apoio en favor dos seus deputados César Mosquera e Uxío Benítez. Nunha multitudinaria concentración de cargos públicos e representantes do partido, coa voceira nacional, Ana Pontón, á cabeza, expresaron ante a Deputación de Pontevedra a súa intención de continuar cunha política que, din, abole os privilexios e elimina o caciquismo que existía na época do Partido Popular.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> Tanto PP coma BNG coinciden á hora de criticar ó equipo de goberno pola súa ineficacia e falla de xestión.
RIBEIRA> Dende a formación nacionalista consideran necesario unha actuación urxente na zona pois está a afectar a unha importante zona marisqueira.
PONTEVEDRA> A un mes das eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño, o BNG-Nós Candidatura Galega prepara unha campaña para apelar ás emocións e que lles consiga representación no Congreso. Segundo explicou o seu número 1, Luis Bará, os nacionalistas apostarán por unha campaña asentada no territorio e marcada polo diálogo cos sectores. Ademais, buscarán o debate coas outras formacións políticas, para poder contrastar as súas propostas.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> A tan só dous días do debate dos orzamentos en pleno, o BNG da Pobra xa amosou a súa decepción co proxecto presentado polo goberno municipal. Botan en falla os investimentos necesarios para a execución dos acordos plenarios e das demandas veciñais.
BOIRO> O BNG de Boiro vén de rexistrar unha iniciativa plenaria a través da que reclama que o concello lle solicite á Xunta a súa integración no Plan de Transporte Metropolitano da área de Santiago. Os nacionalistas consideran que hai moitos veciños, que por diferentes motivos, se teñen que desprazar habitualmente a Santiago e outras localidades veciñas que poderían beneficiarse desta iniciativa, tal e como fixeron outros municipios próximos, como é o caso de Rianxo ou Padrón. A solicitude do BNG non queda só hai, xa que solicita tamén que se promova dende a propia Administración Local o emprego do transporte público colectivo.
POBRA> Entre outras medidas os nacionalistas piden o reforzo da sinalización co fin de evitar accidentes.
RIBEIRA> O BNG do Barbanza desenvolverá varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na comarca. A principal terá lugar o luns coa proxección dun documental sobre Manuel María, dirixido por Margarita Ledo.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook