09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
LOUSAME> O BNG reclama á Xunta de Galicia unha nova política de xestión de residuos e pídelle que impida a instalación do macrovertedoiro de Lousame. A voceira nacional, Ana Pontón, lanzou esta mensaxe durante a súa visita esta mañá ós veciños da aldea de Mirón, uns dos afectados polo proxecto desta planta de residuos industriais.
LOUSAME> O BNG reclama á Xunta de Galicia unha nova política de xestión de residuos e pídelle que impida a instalación do macrovertedoiro de Lousame. A voceira nacional, Ana Pontón, lanzou esta mensaxe durante a súa visita esta mañá ós veciños da aldea de Mirón, uns dos afectados polo proxecto desta planta de residuos industriais.
Pontevedra> O Bloque Nacionalista deu a coñecer esta mañá en Pontevedra a primeira iniciativa que van a presentar no Parlamento Galego. Esta medida consistirá nun novo modelo de seguridade e mobilidade viaria para a nosa comunidade. A líder nacionalista, que estivo esta mañá na cidade do Lérez, dixo que a prioridade para este plan é en primeiro termo xestionar todas as competencias en materia viaria dende Galicia. 
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> En vez diso, propoñen que eses cartos vaian a outros fins, como poden ser políticas activas de fomento do emprego ou a subvencionar o transporte público a xubilados, desempregados e mocidade en xeral.
POBRA> A formación nacionalista mostrou o seu rexeitamento a este proxecto, ó entender que se trata dunha actuación moi prexudicial para a comarca do Barbanza.
LOUSAME> Continúan as manifestacións de rexeitamento ao proxecto da construción da planta de xestión de residuos en Lousame. Aínda está en fase de tramitación, pero esta forma de tratar o lixo está levantando unha gran polémica en toda a comarca. Os últimos en amosar a súa oposición ao macrovertedoiro foron o BNG de Barbanza e Marea Ribeira.
RIBEIRA> O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira acaba de botar a andar o seu servizo de whatsapp e telegram, co obxectivo de facilitar unha interacción bidirecional entre a agrupación e a veciñanza ribeirense.
POBRA> O BNG da Pobra reclama información ao concello sobre as axudas a estudantes para o desprazamento aos centros de ensino ubicados fóra do municipio.
Mércores, 28 Setembro 2016 20:33

Lores confirma que Bará deixará o concello

PONTEVEDRA> Dous días despois das eleccións autonómicas, o alcalde de Pontevedra fixo unha valoración dos resultados obtidos polo BNG. Para Miguel Anxo Fernández Lores a súa formación conseguiu uns resultados razoables. Tamén se pronunciou sobre o futuro do edil Luís Bará, e confirmou que abandonará o goberno municipal para ocupar o seu posto de deputado.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> O BNG da Pobra comprométese a votar a favor dos orzamentos do goberno municipal no vindeiro pleno do concello, previsto para o próximo 28 de xullo. Os nacionalistas pobrenses toman esta decisión logo de que se incluísen nos mesmos as súas propostas.
POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal proponlle ó equipo de goberno levar adiante unha campaña de dinamización da lectura e a adaptación do horario da biblioteca municipal. Dende a formación nacionalista pídese tamén a ampliación do seu horario e a busca dun novo local máis acaído as necesidades actuais.
POBRA> Os cativos da Pobra de Caramiñal, durante este mes de xullo, non contarán con servizo de pediatría no seu Centro de Saúde. O BNG do concello pedíu que se cubran no verán as ausencias do actual e único pediatra do centro.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Bng Top of Page

Síguenos en facebook