• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
BOIRO> A primeira das catro quendas de rapaces que participarán nos campamentos de verán da Xunta en Boiro xa está en Espiñeira. Esta mañá recibiron a visita da directora xeral de Xuventude quen os animou a desfrutar desta experiencia que combina convivencia, ocio, natureza e educación.
Venres, 30 Xuño 2017 17:12

O CD Boiro deixa de ser equipo de 2ªB

BOIRO> Ó final cumpríronse os peores dos pronósticos e materialízase o descenso do Club, ó non satisfacer a directiva o pago da débeda cos xogadores. Pouco despois das doce do mediodía, hora fixada para o remate do prazo, a Asociación de Futbolistas Españoles, a AFE, comunicaba oficialmente que o CD Boiro non fixera efectivo o pago das débedas contraídas cos seus xogadores, uns 94 mil euros, polo que se procedía ó descenso automático de categoría. Pouco tempo despois a propia páxina oficial do club e nas propias redes sociais confirmábase a peor das novas. O Boiro non xogará o ano que vén na 2ªB a pesar de que lograra a permanencia na categoría. A nova caeu coma unha bomba en Boiro, xa que ninguén se imaxinaba o descenso do Club. Despois dun ano na categoría de bronce, os boirenses xogarán con toda probabilidade na Terceira.
BOIRO> Un incendio urbano, declarado este mediodía, afectou a unha vivenda situada ó carón do campo de fúlbol da Mina, en Escarabote. Pasadas as dúas da tarde, os bombeiros de Boiro recibían o aviso de que se atopaba ardendo unha instalación anexa á vivenda. Desprazáronse ata o lugar, apoiados por unha dotación do parque comarcal de Ribeira. En algo máis dunha hora conseguir extinguiron por completo o lume que ó parecer se orixinou a raíz dun curtocircuíto nos cables dunha lavadora. Este electrodoméstico, xunto a outros aparellos e unha barbacoa atopábanse nunha instalación caseira composta por unha autocaravana pechada cun muro e tellado de uralita a modo de patio. A sobrecarga na liña eléctrica puido estar detrás da orixe deste incendio que, afortunadamente, tan só ocasionou danos materiais.
BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.
BOIRO> O presidente de Portos de Galicia participou no izado das bandeiras azuis e Q de calidade no Náutico de Cabo de Cruz. O porto deportivo recibe estes distintivos por quinto ano consecutivo, en recoñecemento á excelencia na xestión e na calidade ambiental.
BOIRO> A Conselleira do Mar supervisou as obras dos pantaláns que se veñen de iniciar no porto de Cabo de Cruz. Esta actuación, na que se investirán aproximadamente setecentos mil euros, dará por satisfeita unha vella demanda dos profesionais do mar .
BOIRO> O BNG de Boiro respostou ás críticas formuladas polo alcalde en relación ó mal estado en que deixou o anterior goberno a praza da Boqueira de ANegral. Acusan ademais ó actual goberno de querer darlle un uso privado a esta infraestrutura.
BOIRO> Nas xornadas previas a San Xoán non se está a dar a escaseza de sardiña de anos anteriores. Esta mañá na praza de abastos de Boiro había peixe en abundancia e o prezo mantíñase ó redor dos cinco euros, tal e como se vende habitualmente.
BOIRO> A deputada provincial, Ánxela Franco, visitou as instalación da residencia de AMICOS en Comoxo. Grazas a unha achega da Deputación, procedeuse á pavimentación do exterior do centro e dotouse dun xerador eléctrico para garantir o correcto subministro.
BOIRO> A directora Xeral de Urbanismo supervisou, xunto co alcalde de Boiro e co delegado territorial na Coruña, as obras de pavimentación que se están a acometer na avenida de Avellaneda. Habilitouse un paseo peonil con lousas de granito e zona verde.
BOIRO> A formación denuncia a falla de activación por parte do Concello a unha iniciativa plenaria aprobada por unanimidade en marzo do ano pasado na que se reclamaba precisamente un plan de recuperación desta emblemática rúa boirense. En marzo de 2016 o pleno boirense aprobaba por unanimidade de tódolos grupos con representación na corporación unha iniciativa plenaria presentada precisamente por Boiro Novo na que o equipo de goberno se comprometía a elaboración dun Plan Integral para a Recuperación da rua Principal. Segundo Boiro Novo máis dun ano despois, o Concello non investiu nin un só euro neste proxecto nin ten solicitado tampouco ningunha subvención para acometer a súa mellora, e a zona segue a día de hoxe cunha imaxe bastante degradada. Ante a falla de ideas por parte do executivo local, Boiro Novo proponlle ó equipo de goberno a declaración da rúa principal e a súa contorna como Área de Rehabilitación Integral botando man tanto do Plan Rehabita 2015-2010 da Xunta comoa o Plan Estatal de Vivenda 2018 2021. Segundo Boiro Novo esta situación permitirá ós propietarios de edificios nesta zona poder acollerse ás subvencións para a conservación ou mantemento das súas propiedades.
BOIRO> Unha trintena de alumnos do curso TIC para maiores de Boiro recibiron este mediodía os seus diplomas. A través desta oferta formativa, o concello busca a capacitación dixital de tódolos colectivos para mellorar a súa calidade de vida na sociedade da información.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Boiro Top of Page

Síguenos en facebook