09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
BOIRO> Veciños de Cures denuncian o mal estado das fincas unha vez finalizada a concentración parcelaria. A través do BNG solicitan que sexa a Xunta e non os propietarios quen asuma o remate das actuacións.
BOIRO> O actual técnico Fredi Álvarez vén de comunicarlle á directiva a súa intención de non continuar a vindeira tempada á fronte do equipo. Despois de acadar a permanencia para os boirenses no ano do debut do Club en 2ª B, o preparador de Moaña decidiu poñer punto e final ó seu ciclo cos de Barraña. A directiva boirense céntrase agora na busca dun novo técnico. Varias son as alternativas que, en principio, se barallan para facerse cargo do banquiño ‘blanco’. Unha das que con maior forza soan é a de José Luís Lemos. O adestrador do ascenso do Club á categoría de bronce do fútbol nacional. Pero polo de agora non hai nada confirmado. A figura do novo técnico antóllase vital para a confección do plantel de cara ó vindeiro ano.
BOIRO> Transcorridos tan só uns meses da finalización das obras para dotar de beirarrúas a zona de Vilariño, o BNG de Boiro denuncia a falla de medidas de seguridade. Solicitan a dotación de pasos de peóns e a instalación de elementos de separación nos treitos máis perigosos.
BOIRO> A plataforma en Defensa do ensino Público do Barbanza volveu elixir Boiro para manifestarse en contra das reválidas de primaria. Desta volta, expresaron o seu rexeitamento ás probas que hoxe e mañá realizan os alumnos de terceiro.
BOIRO> A Xustiza arquivou a causa contra os exdirixentes da confraría de Cabo de Cruz por un presunto delito de fraude de subvencións. Con sobresemento provisional do caso dase carpetazo ó proceso no que o expatrón maior e a expresidenta das mariscadoras estaban acusados de apropiación indebida, falsidade documental e estafa.
BOIRO> O concello de Boiro adquiriu un novo camión de recollida do lixo para mellorar o servizo. O vehículo, valorado en máis de cento cincuenta mil euros, suporá un importante aforro tanto a nivel enerxético como de mantemento.
BOIRO> Os boirenses ertificaron onte domingo ante o Burgos a súa permanencia na categoría, vencendo con total claridade ó Burgos por cinco goles a un.
BOIRO> Poñen como exemplo a perda das axudas do Plan de Impulso ó Medio Ambiente que promove o Goberno Central que lle permitirían ó Concello poder acceder ó financiamento de proxectos vinculados á reciclaxe de residuos dentro do ámbito local.
BOIRO> A asociación Cultural Barbantia e o concello de Boiro volven colaborar na organización da Romaría das Letras que se celebrará o día 17 no pazo de Goiáns. Concertos, recitais, obradoiros, presentacións de libros ou exposición sucederanse durante toda a xornada festiva.
BOIRO> Unha das embarcacións será empregada este xoves en Asturias por Adrián Mosquera nas clasificatorias para o Campionato de Europa.
BOIRO> na derradeira xornada da competición os boirenses recibirán en Barraña ó Burgos.
BOIRO> Os de Fredi viaxarán a terras ferroláns para xogar contra o Racing de Ferrol. O Boiro non lle vale máis que a vitoria e agardar tamén o tropezo dalgún dos seus directos rivais pola permanencia.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Boiro Top of Page

Síguenos en facebook