09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
BARBANZA> O accidente tiña lugar ó redor das tres da tarde no punto quilométrico 27 da autovía do Barbanza, á altura do concello de Boiro. Por causas polo de agora descoñecidas, un turismo que circulaba en dirección a Ribeira, colidiu contra un camión de transporte que portaba prefabricados de formigón. Alertados polo 112, ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Boiro e Ribeira, aínda que estes últimos non chegaron a intervir, así como tamén unha ambulancia do 061, varias patrullas de Tráfico e membros do Grupo Municipal de Emerxencias de Boiro. Nun primeiro momento pensábase que puidera haber atrapados, aínda que finalmente o condutor do turismo puido saír polo seu propio pé do vehículo, presentando feridas leves. A consecuencia do accidente un dos carrís da estrada estivo cortado ó tráfico, mentres se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da vía. As catro da tarde a intervención dábase por concluída.
BARBANZA> O accidente tiña lugar ó redor das tres da tarde no punto quilométrico 27 da autovía do Barbanza, á altura do concello de Boiro. Por causas polo de agora descoñecidas, un turismo que circulaba en dirección a Ribeira, colidiu contra un camión de transporte que portaba prefabricados de formigón. Alertados polo 112, ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Boiro e Ribeira, aínda que estes últimos non chegaron a intervir, así como tamén unha ambulancia do 061, varias patrullas de Tráfico e membros do Grupo Municipal de Emerxencias de Boiro. Nun primeiro momento pensábase que puidera haber atrapados, aínda que finalmente o condutor do turismo puido saír polo seu propio pé do vehículo, presentando feridas leves. A consecuencia do accidente un dos carrís da estrada estivo cortado ó tráfico, mentres se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da vía. As catro da tarde a intervención dábase por concluída.
Publicado en SUCESOS
Publicado en portada
BOIRO> Os catro grupos da oposición: BNG, PSOE, Iniciativa Cidadá e Unión Popular, pediron o aprazamento da sesión ó non poder dispor durante toda esta semana da información e o asesoramento dos técnicos do departamento de Intervención.
BOIRO> O executivo boirense levará tamén mañá xoves a pleno a aprobación dos seus orzamentos para este ano 2014. O documento presupostario ascende a 12’2 millóns de euros, unha cantidade lixeiramente superior á do ano anterior, que se situaba en 11’7 millóns de euros, o que supón un incremento do 0’41%. Mantéñense os gastos de persoal e gasto corrente, mentres que no capítulo de investimentos cabe destacar que se verá incrementado nun 8’4% ata superar a cifra dos 1’7 millóns de euros. Entre as actuacións máis importantes para este ano 2014 figura a construción da gardería municipal, 410 mil euros, a mellora de estradas en todo o municipio, onde se investirán preto do millón de euros, ou a primeira fase da ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre, 74 mil euros. Un dos aspectos tamén destacados polo equipo de goberno nestes orzamentos, é o aumento considerable das partidas destinadas a Deportes e Xuventude. En canto ós niveis de endebedamento, as previsións do equipo de goberno é que se sitúen a finais de ano nun 52,7%, na liña marcada dende a súa chegada á alcaldía, coa finalidade de ir rebaixando a débeda.
BOIRO> O presidente provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, asegurou hoxe en Boiro, que a mellor política social pasa por fixar como única prioridade a creación de emprego, reiterando que o gran recorte económico sufrido durante os últimos anos foron os tres millóns de persoas que perderon o seu posto de traballo entre 2008 e 2011. Nunha reunión mantida cos alcaldes e os portavoces do Partido Popular na comarca, Negreira anunciou que o mellor está aínda por chegar, en referencia a que, segundo el, nos próximos meses vaise poder ver unha sucesión de novas positivas que porán en evidencia a tódolos 'agoireiros' que se aledaban de que España fose mal. Na xuntanza o presidente provincial do PP resaltou tamén a necesidade de explicarlle a tódolos veciños desta comarca a importancia que teñen as próximas elecciones ó Parlamento Europeo, nas que asegurou que calquera resultado que non sexa unha victoria contundente do PP permitirá estrañas alianzas que teñen como único fin impedir o gobierno dos populares. Por esta razón Negreira pediulles ós alcaldes e ós portavoces que redoben o seu esforzo e que teñan en conta as aportacións dos veciño porque Galicia non se pode permitir nin un paso atrás, nin ningún titubeo no camiño cara a recuperación económica. Por último, o presidente provincial sinalou tamén que os populares deben aproveitar os próximos meses para incorporar ó partido novas persoas, novas ideas e novas enerxías para conformar as candidaturas de cara á celebración no último trimestre do ano dunha Convención Provincial de candidatos na cidade da Coruña.
Publicado en portada
BOIRO> Unha muller de 67 anos, María del Carmen Alonso, falecía a última hora da tarde de onte despois de ser atropelada na estrada provincial DP-1.106, á altura do lugar de San, na parroquia de Abanqueiro.
BOIRO> A través deste programa de envellecemento activo levaranse a cabo diversas actividades que inciden na mellora da calidade de vida dos maiores do municipio.
BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo esta mañá a un home e a súa muller, veciños da localidade, de 56 e 55 anos respectivamente, por un presunto delito de estafa a dúas aseguradoras por máis de 33 mil euros. Ó parecer, e segundo se desprende das investigacións, denunciaran ata en dúas ocasións roubos no seu taller, un en setembro de 2012 e outro en xaneiro pasado, presentando nas compañías aseguradoras facturas falsas pola compra de diverso material que lle fora subtraído, cando en realidade non era cero. Os feitos xa foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Dous de Ribeira, aínda que as investigacións continúan abertas e non se descartan novas detencións.
Publicado en SUCESOS
BOIRO> A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, iniciou esta semana, na casa da cultura da Cachada en Boiro, un curso de formación profesional sobre ‘Introdución a actividades de venda’ no que están a tomar parte unhas trece persoas, na súa totalidade homes, veciños todos eles da comarca do Barbanza. O curso está financiado pola consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social e o Fondo Social Europeo, no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na nosa comunidade. Esta acción formativa, que conta cunha duración de 230 horas lectivas, desenvolverase ata maio. Servirá para que os alumnos participantes poidan adquirir capacidades en actividades de venda profesional, afondando na utilización de ferramentas informáticas nos procesos de comercialización.
BOIRO> A entidade desprazarase este mércores á Coruña para tomar parte nunha mobilización convocada a nivel galego.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Boiro Top of Page

Síguenos en facebook