• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> Barraña vivirá este próximo domingo un novo derbi. O filial vigués chega asentado na terceira praza da clasificación no grupo primeiro da Segunda B.
RIBEIRA> Aquí no Barbanza hoxe foi tamén un día de loita contra as reválidas da LOMCE e contra a chuvia. A folga estudantil foi secundada protestas en Boiro e Ribeira. Desde o Sindicato de estudantes do Barbanza celebran que a pesar da auga os alumnos decidisen perder un día de clara, para tentar gañar un futuro.  
BOIRO> Na proba, que terá lugar o domingo 4 de decembro, xa hai inscritos máis de douscentos corredores.
BOIRO> Entre outras opcións, Boiro Novo reclama que o Concello se adhira ós plans da Xunta que permitan poder ofertar nel cursos de hostalería e formación regrada.
BOIRO> As prazas de abastos notan a escaseza de peixe e marisco tralo temporal vivido nos últimos días, que impediu saír ó mar. As pescantinas quéixanse tamén da pouca centola que hai para estar en plena campaña, o que fai, inevitablemente, subir os prezos deste crustáceo. 
BOIRO> Amarga derrota. O Club Deportivo Boiro caía onte domingo en Palencia, ata esta xornada pechacancelas do Grupo I de 2ªB, por dous goles a cero. Os goles chegaron nos dez minutos finais do encontro. O primeiro deles de penalti, no minuto oitenta. Un gol que sen dúbida determinou o resultado final. Con anterioridade os de Fredi tiveron ocasións máis que suficientes para poñerse por diante, pero foron incapaces de perforar a meta local, unhas veces por acerto do seu gardameta, e outras, polos propios fallos dos dianteiros borienses, que non tiveron tampouco a súa tarde. A derrota provoca que o Boiro caia dúas posicións na táboa clasificatoria. Agora son décimo cuartos con dezaseis puntos. polo que respecta ó resto de resultados de equipos galegos nesta categoría cabe destacar a vitoria do Celta B por un gol e cero no derbi ante o Coruxo e a do Pontevedra, 4 a 2, ante o Somozas. Peor sorte para o Racing de Ferrol que caía na Malata por 2 goles a 3 ante a líder Cultural leonesa, a pesar de realizar un bo partido.
Venres, 18 Novembro 2016 18:57

Partido trampa en Palencia

BOIRO> O Boiro viaxa esta fin de semana á casa do pechacancelas da categoría con tan só dez puntos, seis menos que os boirenses.
Mércores, 16 Novembro 2016 18:40

Sen campaña de Nadal por falta de fondos

BOIRO> A falta de fondos e a incerteza de contar coas subvencións autonómicas impide este ano á Federación de Empresarios do Barbanza levar a cabo a súa habitual campaña de Nadal para promover as compras nos comercios asociados.
BOIRO> O gol da vitoria do conxunto cántabro chegaba no tempo de desconto por mediación de Dani Aquino.
BOIRO> Goberno e oposición volveron ensarillarse nun cruce de acusacións na aprobación deste punto.
Venres, 11 Novembro 2016 15:49

O Racing de Santander xogará en Barraña

BOIRO> O partido da décimo terceira xornada de liga no grupo primeiro da 2ªB adiantado á xornada de mañá sábado arrancará ás catro e media da tarde.
BOIRO> Ciudadanos de Boiro denuncia o retraso no cumprimento da promesa da Xunta coas obras de mellora do porto de Escarabote, anunciadas hai sete anos. Reclama ó goberno local  que esixa tamén o dragado da dársena. 
HomeMostrando artigos por etiqueta: Boiro Top of Page

Síguenos en facebook