POBRA> Teatro e cine conforman a aposta cultural da Pobra para este mes de febreiro. Unha función infantil, dúas para público adulto e a proxección da longametraxe ‘O que arde’ compoñen a programación previa ás actividades do entroido.
A programación arrancará este sábado ás seis da tarde cunha sesión de teatro para nenos moi participativa que mestura humor, múisca e xogo. sSerá ás seis da tarde no teatro Elma. O domingo proxectarase o filme ‘O que arde’ que vén de ser galardoado con dous premios Goya.
Dada a gran afluencia de público prevista será preciso retirar entrada en taquilla a partir das seis e media da tarde. A programación continuará o nove de febreiro coa posta en escena de Running a cardo da compañía ‘D Ste Xeito’.
Pechará o ciclo teatral ‘Mala Sombra’ coa representación de ‘Go on’.Estas dúas funcións terán lugar tamén ás sete da tarde no Cine Elma. A entrada será de balde para tódolos espectáculos.