• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
CAMBADOS> A arte e a natureza conflúen por segundo ano consecutivo nas II Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados. Os vindeiros 8 e 9 de setembro a fundación cambadesa acollerá esta cita coa que ademais haberá espazo para unha exposición, para a boa música e para unha entrega de premios.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O venres 8 de setembro Cambados acollerá a segunda edición das xornadas da Fundación Manolo Paz. Conferencias e conversas en torno á paisaxe e á súa relación coa arte contemporánea centrarán os contidos da cita, que se desenvolverá durante dous días. Tamén se entregará o segundo premio Fundación Manolo Paz, que este ano recaerá no mecenas e coleccionista Román Pereiro. A Fundación Manolo Paz repite este ano as súas xornadas en Cambados. A cita desenvolverase os días 8 e 9 de setembro, con conferencias e conversas en torno á paisaxe e a súa relación coa arte contemporánea, degustacións gastronómicas da terra e música, entre outras propostas. Unha das primeiras actividades do programa será a entrega do segundo premio Fundación Manolo Paz. Galardón que este ano recaerá no mecenas e coleccionista Román Pereiro. Como principal novidade, esta edición incluirá a exposición "Paisaxes sen título", na que participarán os artistas brasileiros Albano Afonso e Marco Giannotti, a escocesa Emma Crichton, o portugués Baltazar Torres, a valenciá Irene Grau e os galegos Juan López e o propio Manolo Paz. A inscrición nestas xornadas pode realizarse a traves da web da Fundación Manolo Paz.
Publicado en CULTURA
SANXENXO> A VIII Edición das Xornadas de Sanxenxo na Historia, chegan a vila para profundizar no patrimonio municipal, nos veraneantes ilustres ao longo da historia no municipio, e tamén sobre a relación de Sanxenxo coa literatura, na figura de dous grandes das letras; Emilia Pardo Bazán e Ramón Cabanillas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Gran éxito dos vermús musicais Arousa Norte que cada domingo se desenvolven simultáneamente nos catro concellos da comarca. Trece grupos dos máis variados estilos achegan a súa música a todo tipo de públicos.
NOIA> O festival desenvolverase os días 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón a partir das dez da noite. En caso de chuvia será trasladada ó interior do Coliseo Noela. Trátase dunha das actividades consolidadas dentro da programación deseñada pola concellería de Cultura para o verán, que chega este ano á súa oitava edición. O festival NoiaJazz desenvolverase os próximos 17 e 18 de agosto na Praza do Cantón. O primeiro día tocarán Tato Vázquez Trío e Alfonso calvo Sextet e o segundo día actuarán Ejazz Grupo Vocal, Raynald Colom e Kin García Trío. O director do festival, Kin García, destacou o seu alto nivel musical con figuras consagradas deste tipo de ritmos a nivel internacional como é o caso de Raynald Colom. Dende a organización quixeron agradecer tamén ó artista local, o pintor Veiras Manteiga a súa colaboración unha vez máis desinteresada co festival, ó ser el o creador do debuxo do cartel.
VILANOVA> Vilanova non temeu á Festa do Albariño. A vila arrasou coa súa proposta tirando de espectáculo de folclore de todo o mundo. Máis de 2.000 persoas desfrutaron da proposta de O Mundo a Danzar, que os levou ata Rusia, México, Chile e Taiwan coa actuación de máis de 200 participantes. Vilanova apostou polo folclore para a súa noite de sábado. E triunfou. Máis de 2.000 persoas reuníronse no Xardín Umbrío para gozar do espectáculo de O Mundo a Danzar. Esta cita recupera o espírito da Romaría Internacional que tan bos resultados deu ao concello. Pasadas as dez e media da noite, 200 bailaríns procedentes de Taiwán, Rusia, México e Chile levaron a tradición dos seus países ata Vilanova. Con esta actuación, Vilanova pon en marcha o seu calendario festeiro, que se prolongará ata finais deste mes. A vindeira cita marcada con vermello é este venres, coa actuación da Orquestra Panorama. Outro dos atractivos da fin de semana foi a celebración da Feira da Cervexa Artesanal, que reuniu en Vilanova a seis fabricantes desta bebida, e que tamén foi un éxito de público.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O festival de rock que se celebra en Vilanova de Arousa, chega este ano a súa cuarta edición. O Rocking Vila é como os bos viños, mellora cos anos e volta a vila de Valle Inclán os días 12 e 13 de agosto, para ofrecer o mellor rock en galego. A IV Edición do Rocking Vila volta a Vilanova de Arousa para encher a vila de rock do 12 ao 13 de agosto. Un evento que se celebrará de maneira simultánea coa festa gastronómica da vila de Valle Inclán, como xa se viña facendo nas súas primeiras edicións. The Locos, Medomedá ou Ruxe Ruxe son só algúns dos grupos que conforman o cartel de esta edición. Un evento que está copatrocinado polo concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra, e que sen dúbida ten un claro valor cultural ao promocionar a nosa lingua. Como unha das principais novidades, este ano haberá variacións en canto as localizacións. Así que xa saben, anoten na axenda que teñen unha cita en Vilanova os vindeiros 12 e 13 de agosto. As entradas teñen un custe de 10 euros, mercándoas de maneira anticipada e de 15 euros na billeteira do evento.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
A ILLA> O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, trasladouse esta mañá ata o illote de Areoso na Illa de Arousa, onde visitou os traballos que se están a realizar no xacemento arqueolóxico que alí se sitúa. Rodríguez afirmou que este "é un dos xacementos máis importantes de Galicia".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Un verán máis, Martín Códax convértese nunha pequena galería de arte. A adega acolle nas súas instalacións a exposición A Maré, do artista cangués Lito Portela. Unha mostra deseñada especialmente para as instalacións cambadesas, e que xira ao redor do mar. Dende as instalacións de Martín Códax en Vilariño, as vistas son privilexiadas. Esta paisaxe namorou ao artista cangués Lito Portela, que aceptou a proposta de converter a adega nunha galería para a súa obra. Baixo o título de 'A Maré', as pezas que compoñen a mostra evocan o mundo do mar e a busca do que este deixa nas praias ao baixar a marea. Algo que tamén fai que para Martín Códax acoller esta exposición sexa algo especial. Os primeiros elementos apóianse no exterior da adega. Son as pezas que compoñen "Esperpentos", unha deformación da realidade que tamén fala da mentira. Xa no interior o visitante atoparase con "Mariscadoras", unha composición composta por unha trintena de figuras que representan este oficio tan propio das rías galegas. A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de agosto. Ademais de poder gozar dela, os visitantes interesados poderán mercar algunha das pezas.
Publicado en CULTURA
Rock, country e reggae, son as tres propostas musicais que encherán os seráns dos venres de agosto en Cambados .Tralo remate do Albariño, que se celebrará a próxima semana, a vila quere recuperar a movida nocturna co programa Seráns de Troula que esta mañá se presentou no concello. Porque trala fin do Albariño, que terá lugar a próxima semana, en Cambados aínda queda moito agosto e moita troula. Por iso a concellería de Xuventude e a de Cultura, organizan en conxunto un programa que encherá de música a Cidade Europea do Viño os venres 11, 18 e 25 de agosto. Esta mañá presentouse no concello este proxecto, denominado Seráns de Troula . Para reverter esta situación ambas concellerías crearon estes serán de Troula, ós que lle deu forma Cristina Padín, a súa organizadora que esta mañá foi a encargada de dar conta dos grupos musicais que amenizarán os venres de agosto, a través do rock, o country e o reggae. A primeira cita o venres día 11. Os concertos que serán gratuítos, serán a partir das nove e media da noite na Praza de Alfredo Brañas ou na Rúa Real.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O Festival Internacional de Jazz e Blues despídese onte de Pontevedra. A voz do cantante e compositor norteamericano Gregory Porter dará por finalizada esta multitudinaria edición, despois dun intenso programa de seis días para repasar o panorama deste estilo musical. Durante seis días, a Zona Vella de Pontevedra resoou coas notas e as voces dos mellores intérpretes de jazz e blues do momento. A vila acolleu por vixésimo quinto ano consecutivo, o seu Festival Internacional dedicado a esta música. Todas as actuacións conseguiron un importante éxito de público, ateigando as prazas pontevedresas. Unha resposta de público que anima, ano tras ano aos seus organizadores. Con 25 edicións ás súas costas, o Festival está máis que consolidado, e consegue atraer un público do máis variado. Profesionais da música, afeccionados a este estilo e incluso camiñantes que se senten atraídos polos espectáculos. Hoxe o cantante e compositor norteamericano Gregory Porter será o encargado de poñer o broche de ouro a esta edición. Será a partires das 10 e media da noite na praza da Ferrería.
Publicado en CULTURA
VILAGARCÍA> O mellor clown volve ás rúas de Vilagarcía. A capital arousá acollerá a terceira edición do seu Festiclown do 10 ao 15 de agosto polas Festas de San Roque. Un regreso que busca a consolidación da cita, que este ano chega máis internacional ca nunca. Xa queda menos para que números coma este se repitan polas rúas de Vilagarcía. Entre o 10 e o 15 de agosto volve o Festiclown á capital arousá, cunha terceira edición na que busca a súa consolidación. Será tamén a edición máis internacional. A colombiana Tchyminigagua, cos seus zancos en patíns, a brasileira Circo no Ato ou a belga Okidok son algunhas das compañías que participan este ano. Xa é o terceiro ano que esta proposta cultural vén completar a programación das Festas de San Roque. Cos mellores espectáculos de clown para todas as idades. Este ano o clown mesturarase tamén con outras citas das Festas de San Roque, como o Certame Intergaláctico e os Superroquiños.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 17
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook