• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
A CORUÑA> A Biblioteca Provincial celebrará este venres o Día da Biblioteca con actividades para todas as idades. Entre elas destacan os selfies que se promoverán para que a xente se saque fotos xunto aos seus libros, revistas ou xornais. Entre todos os participantes se sorteará un lote de material da biblioteca e se fará un collage coas fotos presentadas.
Publicado en CULTURA
OUTES> A Casa da Cultura de Outes acolle as actuacións dos cinco grupos teatrais finalistas da especialidade de Xuventude Crea, o certame da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que ten por finalidade establecer unha vía para que a mocidade poida manifestar o seu talento e creatividade.
RIBEIRA> O Museo do Gravado de Artes acolleu a presentación do libro de poemas 'A distancia do tambor', da escritora Eva Veiga.
Publicado en CULTURA
RIBEIRA> O Museo do Gravado de Artes acolleu a presentación do libro de poemas 'A distancia do tambor', da escritora Eva Veiga.
Publicado en CULTURA
A CORUÑA> A Deputación da Coruña acaba de editar o libro “Los 25 premios Torrente”, unha recompilación de fragmentos de todos as obras que gañaron o premio de narrativa da institución provincial dende a súa creación.
Publicado en CULTURA
GALICIA> A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribuirá este ano á celebración dun total de 19 festivais, mostras, ciclos e certames escénicos e musicais de carácter afeccionado.
Publicado en CULTURA
PONTEVEDRA> Os Premios da Crítica Literaria 2014 fallaranse en Pontevedra. A capital acollerá unha xuntanza de 21 dos críticos máis importantes de España para escoller as obras que serán recoñecidas con este galardón, un dos máis relevantes das letras castelás, galegas, catalás e euskeras.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Da vida á morte no Antigo Exipto, este é o suxerinte nome co que se presenta a última exposición que alberga o Sexto Edificio do Museo do Pontevedra. Aquí os amantes da cultura antiga poderán ollar de preto 132 pezas auténticas que os axudaran a afondar no seu coñecemento sobre o Exipto doutrora.
Publicado en CULTURA
Venres, 20 Xuño 2014 17:29

Arranca o 'Verán Cultural' de Ribeira

RIBEIRA> Numerosas actividades relacionadas ca danza, o debuxo ou a informática serán entretemento de moitos rapaces, que ca temporada escolar rematada, están ansiosos de gozar do tempo de lecer.
Publicado en portada
PONTEVEDRA> As Rías Baixas xa forman parte da Ruta dos Fenicios. A Deputación asinou esta mañá a “Carta de Jaén”, que recolle o nacemento en España deste itinerario cultural internacional. A súa adhesión foi posible despois dos últimos achados nalgúns dos xacementos da Idade de Ferro, que testemuñan o paso dos fenicios por Galicia.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Aínda faltan seis meses para que se celebre o Culturgal, pero a organización xa presentou esta mañá a nova edición con varias novidades. Unha delas é que a gastronomía terá un lugar protagonista na súa relación coas Industrias Culturais; outra, que por primeira vez a feira cobrará unha entrada simbólica para axudar á súa sostibilidade.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook