• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> A quinta edición do Xuño da Cultura e das Artes dinamizará Ribeira ó longo de todo o mes con máis dun cento de actividades. Entre as máis destacadas figuran os concertos de Ribeira en Marcha, a segunda feira do libro ou o obradoiro de Artes plásticas sobre o Quixote.
VILANOVA> A danza, a música e as acrobacias... todas xuntas e mesturadas estarán presentes, esta fin de semana, nos concellos de Vilanova, Vilagarcía e Caldas. Estas tres vilas acollerán un curso aberto de capoeira. Un arte-marcial afro-brasileiro... así definen algúns, o que hoxe coñecemos como "capoeira". Os concellos de Vilanova, Vilagarcía e Caldas acollerán esta fin de semana un curso aberto desta modalidade, para todo aquel que queira asistir.  Vilanova será o municipio no que comezará este "pequeno tour", que se inaugurará este venres, as 19:00h da tarde, cun pasarúas e unha demostración no Xardín Umbrío, da localidade. As inscricións poden realizarse o sábado dende as 9:45 horas no pavillón multiusos de Vilanova, a un prezo de 35 euros. Unha actividade ca que non só se ensinará esta modalidade a cidadanía, senón ca que tamén se colaborará con aqueles que non teñen nada. A organización do evento recollerá alimentos non perecedoiros en favor de Cáritas.  
 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O pazo de Goiáns acollerá o próximo martes a sexta edición da Romaría das Letras. Entre encontro cultural compartirá protagonismo coas actividades que se desenvolverán na rúa peonil para conmemorar o Día das Letras Galegas.
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra ven de firmar uns convenios coas organizacións de catro dos Festivais cinematográficos de máis sona da provincia e fará unha aporta económica para cada un deles que rolda entre os 6.000 e os 12.000 euros. Un destes festivais é o Curtas Film Fest de Vilagarcía.
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> O departamento de Cultura da Pobra deseñou un completo programa para celebrar o mes das Letras. Boa parte das actividades están orientadas ós nenos, co obxectivo de fomentar a lectura e dinamizar a lingua entre os máis cativos. Haberá tamén numerosos espectáculos dirixidos a un público máis amplo.
RIBEIRA> O espectáculo de Limiar Teatro sobre Don Quixote dará o pistoletazo de saída este venres ó Maio Cultural de Ribeira. O programa, deseñado polas concellerías de Educación e Cultura, componse de infinidade de actividades relacionadas coa literatura que tentarán achegar ó público a figura de Manuel María, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
PONTEVEDRA> E en Pontevedra arredor duns 2000 nenos e nenas da comarca de Pontevedra percorreron as rúas da cidade no Correlingua 2016, que percorrerá todo Galicia, e que nesta ocasión arrancou da cidade do Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> O concello de Noia estuda habilitar unha sala museo no edificio do Casino para que os artistas locais dispoñan dun local onde expoñer. O obxectivo é dar un paso máis na dinamización cultural do municipio.
NOIA> Noia acollerá esta semana a novena edición do Certame de Pintura ó Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga ‘Sesé’. O concurso, cita de referencia a nivel internacional, enmárcase na celebración das festas de San Marcos.
POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando o recoñecemento da figura do escritor Anxo Rei Ballesteros. Piden que se inicien os trámites para o seu nomeamento como fillo adoptivo do concello e se lle dedique unha rúa ou praza.
CAMBADOS> E continuando en Cambados... o concelleiro de Cultura Victor Caamaño presentou o XIII Premio Ramón Cabanillas. Acompañado polos representantes das librerías "Contos" e "Cabanillas", Caamaño confirmou que este ano tan só haberá unha edición do premio, e non dúas como en anos pasados.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O goberno local de Sanxenxo, aborda unha nova etapa trala marcha do edil de Cultura, Roberto Carlos Agís. O executivo local, con Gonzalo Pita a cabeza, compareceu para explicar a situación na que queda o goberno da vila. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook