• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
SANXENXO> O goberno local de Sanxenxo, aborda unha nova etapa trala marcha do edil de Cultura, Roberto Carlos Agís. O executivo local, con Gonzalo Pita a cabeza, compareceu para explicar a situación na que queda o goberno da vila. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O Centro Cultural e Deportivo de Boiro volverá organizar a Bienal de Pintura ‘José Luís Fernández’ co obxectivo de relanzar un certame con gran tradición na vila. O concello colabora na organización do evento a través dunha achega económica.
PONTEVEDRA> A literatura infantil e xuvenil chega ao Hospital Provincial de Pontevedra da man de Orbil, a mascota do Salón do Libro.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
RIANXO> A Deputación da Coruña subvencionará a rehabilitación interior para a adecuación museística da casa de Rafael Dieste en Rianxo. A achega provincial, xunto con outras actuacións que asumirá ó concello, permitirá abrir ó público a casa museo.
NOIA> O venres dezaoito de marzo arrancarán as celebracións da Semana Santa en Noia. O programa inclúe seis procesións e numerosos actos litúrxicos que ademais da importancia relixiosa e tradicional supoñen un pulo económico para a vila como factor de atracción turística.
SANXENXO> O portavoz do grupo municipal, do Partido Popular en Sanxenxo, Telmo Martín, convocou na mañá deste luns os medios de comunicación pra expresar o seu malestar ante o comunicado emitido polo concello, suspendendo a Festa da Raia de Portonovo, que se ía desenrolar nos vindeiros días. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Rianxo acollerá este venres a estrea de ‘Escenas de Familia’, unha obra que constitúe o resultado final do obradoiro de expresión teatral desenvolvido no municipio durante os últimos meses. Usuarios da aula ocupacional municipal e persoas sen discapacidade comparten espazo neste proxecto inclusivo que ten a arte como motor principal.
RIBEIRA> Unha vintena de bailaríns subiranse este domingo ó escenario no festival de Aires de Dorna de Ribeira. Os asistentes poderán desfrutar das últimas coreografías deste mítico grupo ribeirense que conta xa con máis de trinta décadas de traxectoria ás súas costas.
PORTO DO SON> Aqueles veciños que queiran participar nos concursos de disfraces, tanto no infantil como de adultos, xa poden realizar as inscricións na biblioteca municipal. Precisamente o concurso infantil no que se elixirán o rei e a raíña do entroido será o encargado de inaugurar o carnaval sonense.
RIANXO> No cento trinta aniversario do nacemento de Castelao, o concello de Rianxo deseñou un amplo programa de actividades para homenaxear ó autor. Teatro, literatura e música conxúganse neste compendio cultural que terá a súa máxima expresión coa ofrenda floral ante o busto do escritor.
RIBEIRA> O BNG de Ribeira solicita que se habilite unha sala de usos múltiples no museo municipal para acoller exposicións temporais e diversos actos culturais. Propoñen ademais, a iniciativa dos artistas locais, a creación dunha comisión cultural que se reúna de carácter trimestral.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook