• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBEIRA> O espectáculo de Limiar Teatro sobre Don Quixote dará o pistoletazo de saída este venres ó Maio Cultural de Ribeira. O programa, deseñado polas concellerías de Educación e Cultura, componse de infinidade de actividades relacionadas coa literatura que tentarán achegar ó público a figura de Manuel María, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
PONTEVEDRA> E en Pontevedra arredor duns 2000 nenos e nenas da comarca de Pontevedra percorreron as rúas da cidade no Correlingua 2016, que percorrerá todo Galicia, e que nesta ocasión arrancou da cidade do Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> O concello de Noia estuda habilitar unha sala museo no edificio do Casino para que os artistas locais dispoñan dun local onde expoñer. O obxectivo é dar un paso máis na dinamización cultural do municipio.
NOIA> Noia acollerá esta semana a novena edición do Certame de Pintura ó Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga ‘Sesé’. O concurso, cita de referencia a nivel internacional, enmárcase na celebración das festas de San Marcos.
POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha moción solicitando o recoñecemento da figura do escritor Anxo Rei Ballesteros. Piden que se inicien os trámites para o seu nomeamento como fillo adoptivo do concello e se lle dedique unha rúa ou praza.
CAMBADOS> E continuando en Cambados... o concelleiro de Cultura Victor Caamaño presentou o XIII Premio Ramón Cabanillas. Acompañado polos representantes das librerías "Contos" e "Cabanillas", Caamaño confirmou que este ano tan só haberá unha edición do premio, e non dúas como en anos pasados.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O goberno local de Sanxenxo, aborda unha nova etapa trala marcha do edil de Cultura, Roberto Carlos Agís. O executivo local, con Gonzalo Pita a cabeza, compareceu para explicar a situación na que queda o goberno da vila. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O Centro Cultural e Deportivo de Boiro volverá organizar a Bienal de Pintura ‘José Luís Fernández’ co obxectivo de relanzar un certame con gran tradición na vila. O concello colabora na organización do evento a través dunha achega económica.
PONTEVEDRA> A literatura infantil e xuvenil chega ao Hospital Provincial de Pontevedra da man de Orbil, a mascota do Salón do Libro.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
RIANXO> A Deputación da Coruña subvencionará a rehabilitación interior para a adecuación museística da casa de Rafael Dieste en Rianxo. A achega provincial, xunto con outras actuacións que asumirá ó concello, permitirá abrir ó público a casa museo.
NOIA> O venres dezaoito de marzo arrancarán as celebracións da Semana Santa en Noia. O programa inclúe seis procesións e numerosos actos litúrxicos que ademais da importancia relixiosa e tradicional supoñen un pulo económico para a vila como factor de atracción turística.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook