• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> O cambadés Pedro Alonso gañou o terceiro certame de carteis da Feira Celta de Porto do Son. O xurado elixiu a súa obra ‘Pedra e Musgo’ entre as seis presentadas a concurso. Ademais de converterse en imaxe da festa, o premio está dotado con trescentos euros.
PONTEVEDRA> O Memorial Ricardo Portela volve a Pontevedra os días 10 e 11 de xullo. A cita celebrará o seu dezaseis aniversario enchendo de música tradicional as rúas da cidade, para recordar o célebre gaiteiro e pór o foco sobre o noso folclore e os seus instrumentos. Este ano, o memorial terá outro nome propio, o do músico Manuel Viqueira, que tamén se homenaxeará nesta edición.
Publicado en CULTURA
RIBEIRA> O éxito da exposición sobre o naufraxio do Santa Isabel foi tal que o concello decidiu recompilar todo o material nunha publicación. A publicación, que conta co apoio da Deputación da Coruña, acompaña o arquivo fotográfico e documental con textos de diferentes expertos.
RIBEIRA> Arranca en Ribeira o xuño da Cultura e das Artes. Preto de duascentas actividades integran o programa que se desenvolverá diariamente grazas á colaboración do tecido asociativo da vila. Participan medio cento de asociacións.
CAMBADOS> Coa chegada do verán, volven “Os Xoves de Códax”. A adega cambadesa presentou esta mañá a cuarta edición deste circuíto de concertos, que apostan por encher de música e apostas diferentes un dos espazos da adega. As entradas poranse á venda na web de Martín Códax a partires do 1 de xuño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> O escritor ribeirense Xosé Vicente Domínguez estréase na literatura infantil co libro de relatos ‘Historias de Issia’. A inspiración para chegar ó público máis novo parte da súa neta, a auténtica impulsora desta publicación.
POBRA> O Museo Valle-Inclán segue a aumentar a súa colección coa incorporación de novos fondos. Trala recente adquisición de numerosas pezas para complementar as visitas de persoas con discapacidade visual, agora vén de incorporar diversos manuscritos orixinais e primeiras edicións de libros, entre os que se atopan Epitalamio (Historia de amores) escrita por un xoven Ramón del Valle-Inclán, que foi editada en Madrid no ano 1897.
POBRA> O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse ata a Pobra do Caramiñal para entregarlle ós alumnos do colexio Salustiano Rey Eiras o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 que organiza o seu departamento. Os escolares probrenses fixéronse co primeiro premio na modalidade de Infantil e Primaria cun traballo titulado ‘O vello profesor’.
BOIRO> Un ano máis, o concello de Boiro e a asociación cultural Barbantia colaborarán na celebración do Día das Letras Galegas. Mentres nas rúas peonís haberá actividades, dirixidas principalmente a nenos, o pazo de Goiáns volverá encherse de vida coa quinta edición da Romaría das Letras.
NOIA> O executivo noiés aprobou unha partida de trescentos cincuenta mil euros para a ampliación do museo do mar. Executarase un edificio de catro plantas no inmoble anexo ás actuais instalacións que permitirá expoñer ó público moitos dos fondos que na actualidade permanecen almacenados por falla de espazo.
BOIRO> A Fundación Paideia desenvolverá na comarca unha serie de proxectos para a promoción do emprendemento musical. Boiro é un dos concellos que se sumarán a esta iniciativa co fin de poñer en valor os grupos de danza e música tradicional.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook