• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
VILAGARCÍA> Este domingo, a Banda de Música de Vilagarcía e a percusión do grupo Odayko daranse a man para dar forma a un espectáculo para toda a familia. Coa montaxe ¡Vaia banda! Encherán o auditorio dunha proposta interactiva que busca achegar a música ao público.
Publicado en CULTURA
PONTEVEDRA> A oitava edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, máis coñecida por Culturgal, quenta motores para o seu inicio o próximo día 4 de decembro. Hoxe presentabase no Pazo da Cultura de Pontevedra un completo programa de actividades que inclúe máis dun centenar de stands e 81 entidades expositoras.
Publicado en PONTEVEDRA
MUROS> A Deputación da Coruña aprobou un convenio de colaboración co concello de Muros para o financiamento de actividades no Pozo do Cachón. O órgano provincial destinará vinte mil euros para sufragar parte da programación cultural que acolle este centro cultural.
CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés segue buscando incrementar os seus reclamos turísticos. Desta volta, teñen a vista posta no paso dos vikingos pola comarca. O órgano ven de apoiar a edición do libro “Os vikingos na comarca do Salnés”, de Rubén Terré, que fai un percorrido polos catro séculos que este pobo estivo na nosa zona.
Publicado en CULTURA
Mércores, 04 Novembro 2015 17:56

A Traviata de Verdi chega a Pontevedra

PONTEVEDRA> O Teatro da Ópera Nacional de Moldavia trae a Pontevedra A Traviata de Verdi. O vindeiro luns día 9 as oito e media da tarde no Auditorio Afundación solistas internacionais e nacionais darán vida a este drama en tres actos que xira entorno ao amor e a morte.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Por primeira vez na historia das Letras Galegas catro institucións se unen para homenaxear a un autor. A Real Academia Galega, O Consello da Cultura Galega, o Museo de Pontevedra e a Fundación Barrié deciden rematar este ano de lembranza ao intelectual pontevedrés cunha programación paralela que lembrará tódalas facetas do escritor durante o mes de novembro.
Publicado en CULTURA
NOIA> Noia reivindicará o recoñecemento oficial do camiño xacobeo marítimo que ten como porto de arribada a vila. Farao a través dunha serie de iniciativas que teñen por obxectivo implicar á cidadanía no coñecemento desta ruta histórica. A primeira será unha peregrinación ata Compostela o próximo sete de novembro.
BOIRO> O proceso de licitación da escola de música de Boiro demorou o inicio das clases, o que provocou as queixas dos pais dos alumnos. Dende o concello aclararon que xa finalizou o procedemento de adxudicación polo que a empresa responsable, Sonaxe, retomará a actividade canto antes.
POBRA> A Asociación de Amigos do museo Valle-Inclán, o concello pobrense e o museo Valle-Inclán, en colaboración con diversas entidades, entre elas a consellería de Cultura e Turismo e a Deputación da Coruña, volverán a dedicar o mes de outubro a homenaxear a figura do seu escritor máis universal: Ramón María del Valle-Inclán.
VILAGARCÍA> A Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa conmemora o seu 30 aniversario cun concerto especial este sábado 3 de outubro a partir das 8 da tarde no Auditorio acompañados de outras catro corais e a banda de música de Ribadumia.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Mañá as 8 da tarde a Casa da Luz de Pontevedra abre as súas portas para acoller o Foro “Pontevedra ten un puntazo”. Un programa creado polas concellerías de Cultura e Promoción Económica co fin de apoiar e dar a coñecer ás empresas máis creativas da cidade.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 23 Setembro 2015 18:31

O outono encherase de cultura en Boiro

BOIRO> O executivo boirense presentou a programación cultural de outono. Como en anos anteriores as actividades previstas virán a satisfacer a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook