• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> A Fundación Paideia desenvolverá na comarca unha serie de proxectos para a promoción do emprendemento musical. Boiro é un dos concellos que se sumarán a esta iniciativa co fin de poñer en valor os grupos de danza e música tradicional.
VILAGARCÍA> O musical “A bóla máxica” chega a Vilagarcía. O auditorio da vila acollerá o día 10 de maio este espectáculo, dirixido a públicos de todas as idades.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> O certame de pintura ó aire libre Juan José Fernández Leiceaga ‘Sesé', xa na súa oitava edición, está a cobrar cada ano un maior porotagonismo.
Publicado en CULTURA
MUROS> Os escolares de infantil e primaria de Muros viviron unha gran festa coa visita dos Bolechas. No acto presentouse a segunda edición do percorrido destes personaxes pola vila muradá, publicación grazas á cal os pequenos poden achegarse máis de preto á cultura e tradicións do seu pobo.
MUROS> O concello de Muros e a agrupación Castelo Rock asinaron un convenio para mellorar a organización do festival de música que se celebra en agosto na localidade muradá. Ademais dos medios loxísticos para o desenvolvemento do evento, a administración achegará unha axuda económica.
RIANXO> O auditorio municipal acollerá, ata o 25 de abril, a exposición fotográfica ‘Introvisións’. Trátase dunha escolma de corenta traballos realizados polos alumnos do ciclo de fotografía do IES Virxe do Mar.
NOIA> A piques de pechar o cartel de actividades das festas de San Marcos, o concello de Noia ofreceu un adianto da programación musical. Bandas punteiras do panorama galego como Ruxe Ruxe ou Milladoiro compartirán escenario con grupos como The Godfathers o La Habitación Roja.
BOIRO> A compañía teatral Matrioska organiza unha campaña de crowfunding para realizar unha minixira coa súa obra Ces´t la vie. Pretenden implicar ó público na compra de entradas, a distintos prezos segundo as recompensas adquiridas. De obter os fondos necesarios, a obra recalará en Santiago, Vigo e Boiro.
RIBEIRA> O Conselleiro de Cultura celebrou o Día Internacional da Lingua Materna en Ribeira, nun acto con familias organizado pola secretaría xeral de Política Lingüística. Román Rodríguez destacou o labor das administracións en defensa da lingua pero insistiu no seo familiar como principal vehículo para a transmisión do idioma.
RIBEIRA> Medio cento de obras e documentos vinculados a Carlos García Bayón encóntranse ata o vindeiro 9 de xaneiro na Biblioteca Municipal de Ribeira con motivo da conmemoración do centenario do seu nacemento. A mostra está formada por dezanove libros, oito artigos, sete reseñas biográficas e quince documentos custodiados no arquivo municipal. Tamén se atopa na exposición o catálogo de pezas megalíticas que integran a colección Ares, doada por García Bayón e exhibida na Sala Museo Municipal. O horario de apertura para visitar a exposición é de luns a venres de nove e media a dúas e de cinco a nove.
Publicado en CULTURA
NOIA> ‘Soy tan feliz’ de Juan Gautier, alzouse co premio á mellor curtametraxe na Mostra de curtas vila de Noia. O xurado distinguiu tamén ‘Cargo Cult’ como mellor cinta de animación e ‘O agasallo’ converteuse na mellor curta comarcal. O premio honorífico recaeu no actor Gonzalo Uriarte.
PORTO DO SON> Música, teatro, obradoiros e deporte conforman a oferta deseñada polo concello de Porto do Son para este Nadal, dirixido principalmente ós máis cativos. O programa das actividades municipais complétase con outros actos organizados por diversas asociacións do concello.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Cultura Top of Page

Síguenos en facebook