• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> Ribeira acolle este domingo unha carreira pola diversidade. A iniciativa, promovida pola asociación AMBAR, pretende fomentar o deporte inclusivo coa participación de persoas con e ser diversidade funcional. Polo momento, xa hai preto de cen corredores inscritos.
VILAGARCÍA> Recepción os irmáns Paz no concello de Vilagarcía. Os regatistas entregaron ao alcalde da vila un póster agradecendo o apoio que a administración local lles brinda para seguir adiante coa súa carreira deportiva. Esta fin de semana Carlos convertíase en campión de España da Clase de 49er, pero xa mira cara o Europeo de Porto, no que volverá a competir con Antón tres meses despois da súa baixa por unha pneumonía.
Publicado en DEPORTES
Publicado en portada
PONTEVEDRA> O Pontevedra continúa celebrando o seu retorno á división de bronce do fútbol español. Dende que o sábado gañara na casa o ascenso a Segunda B, o conxunto granate está inmerso en celebracións coa afección e recepcións oficiais. Esta mañá, foi a quenda da Deputación de Pontevedra, o seu principal patrocinador.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> Porto do Son acolle este sábado a primeira edición do trofeo de Orientación en Bicicleta de Montaña. A proba, puntuable para a liga galega, ten unha importante compoñente lúdica xa que os participantes deben completar o itinerario dotados dun mapa no que figuran os distintos puntos de control.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> Pontevedra continúa co seu calendario de citas deportivas. Desta volta, cunha novidade. As fins de semana do 25 ao 28 de xuño e do 2 ao 5 de xullo os ollos da ximnasia rítmica española mirarán cara a cidade, que acollerá dúas competicións do Campionato de España deste deporte: a de equipos e a individual. A segunda será a cita máis importante, e nela competirán deportistas que aspiran aos Xogos Olímpicos, como Carolina Rodríguez e Natalia García.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Coa tempada de fútbol rematada dende hai varias semanas, a maioría dos equipos da zona atópanse enfrascados actualmente na planificación da nova tempada. É o caso do Club Deportivo Boiro, que nesta ocasión, ve coma un dos seus máximos baluartes abandona Barraña. Trátase de Adrián Armental, un dos capitáns do equipo, que despois de cinco anos deixa o conxunto boirense para incorporarse ó Coruxo, equipo vigués que milita na Segunda División B. A directiva boirense estaba interesada na continuidade do extremo de Ribeira, debido ó bo rendemento dos últimos anos, pero este finalmente decidiu aceptar a proposta do equipo que dirixe Rafa Sáez. Armental ficha por unha temporada con opción dun ano máis se disputa un mínimo de partidos.
Publicado en DEPORTES
RIANXO> Rianxo acolle este domingo a quinta edición da travesía a nado. A empresa Aquafit, concesionaria da piscina, organiza a proba na que participarán máis de cen deportistas. Os nadadores da categoría absoluta deberán completar unha distancia de dous mil metros.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> Desmitificar a supervivencia e aprender técnicas básicas de orientación e seguridade en entornos naturais. Este é o obxectivo do curso que esta fin de semana se imparte en Ribeira.
POBRA> O torneo, para as categorías base, está organizado polo Crocha Fútbol Club.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON>Os pequenos afeccionados ó baloncesto teñen unha cita esta fin de semana en Porto do Son. Alí desenvolverase a terceira edición do Peque Basket que contará coa asistencia de máis de cincocentos deportistas de equipos de toda Galicia. Entre eles, os dous clubs da comarca: Noia e Santa Baia de Boiro.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> Gonzalo Rodríguez, adestrador axudante do Río Natura-Monbus Obradoiro, impartirá unhas xornadas de adestramento de mellora individual en Ribeira. Será do seis ó dez de xullo no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e irá dirixida ás categorías infantil, cadete e junior.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook