09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIANXO> A proba, que terá lugar o sábado 12 de agosto, volverá a ter un carácter solidario, xa que todo o recadado irá destinado a asociación de persoas con diversidade funcional Ambar. Por segundo ano consecutivo Rianxo celebrará a Carreira-Andaina Nocturna Solidaria ‘Castelo da Lúa’. Será o próximo sábado 12 de agosto, a partir das nove e media da noite, con saída dende a propia praza do Concello. A actividade está organizada pola Sociedade Barbantia Roda en colaboración co Club Atletismo Rianxo e o propio Concello. Tanto a carreira coma a andaina terán un carácter popular, con perfís e distancias accesibles a calquera tipo de persoas. O que se pretende dende a organización é acadar unha alta participación na proba e que sexa un gran festa do deporte. A proba volverá ater un carácter solidario. Todo o recadado irá a parar á asociación de persoas con diversidade funcional Ambar. Un xesto que agradecen dende a entidade. Dende o Concello fan unha chamada á participación, pois a ocasión ben o merece. Ademais da propia participación na carreira ou na andaina, tamén se pode colaborar coa iniciativa a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado. As inscrición poden realizarse en liña ata o vindeiro xoves 10 de agosto na páxina web de EME Sports ou de xeito presencial na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.
NOIA> Máis de vinte e tres empresas concorreron ó proceso de licitación das obras do pavillón do colexio Felipe de Castro, en Noia. Está instalación dará servizo tamén a outros clubs e entidades da zona fóra do horario lectivo.
RIBEIRA> Douscentos deportistas de diferentes nacionalidades participan no campamento de Taekwondo Soño Olímpico que se celebra estes días no Cámping Ría de Arousa en Ribeira. Esta tarde recibiron a visita da secretaria xeral para o Deporte quen se sumou ós adestramentos da man da elite internacional deste deporte.
RIANXO> O concello de Rianxo vén de entregar unha pá de fibra de carbono ó piragüista Adrián Mosquera. Deste xeito pretenden recoñecer os importantes éxitos acadados polo deportista rianxeiro e apoialo de cara ó campionato europeo que disputará a próxima semana en Bulgaria.
VILAGARCÍA> Marcos Rodríguez e Yerai Couñago xa son oficialmente xogadores do Arosa dende comezos de esta semana, cando se realizou a presentación ante os medios de comunicación, na que ambos se fotográfiaron coa camiseta arlequinada.
Publicado en DEPORTES
Venres, 30 Xuño 2017 17:12

O CD Boiro deixa de ser equipo de 2ªB

BOIRO> Ó final cumpríronse os peores dos pronósticos e materialízase o descenso do Club, ó non satisfacer a directiva o pago da débeda cos xogadores. Pouco despois das doce do mediodía, hora fixada para o remate do prazo, a Asociación de Futbolistas Españoles, a AFE, comunicaba oficialmente que o CD Boiro non fixera efectivo o pago das débedas contraídas cos seus xogadores, uns 94 mil euros, polo que se procedía ó descenso automático de categoría. Pouco tempo despois a propia páxina oficial do club e nas propias redes sociais confirmábase a peor das novas. O Boiro non xogará o ano que vén na 2ªB a pesar de que lograra a permanencia na categoría. A nova caeu coma unha bomba en Boiro, xa que ninguén se imaxinaba o descenso do Club. Despois dun ano na categoría de bronce, os boirenses xogarán con toda probabilidade na Terceira.
CAMBADOS> O II Triatlón Popular de Cambados colga o cartel de cheo. Uns 200 triatletas participarán nesta proba que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xuño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> Entre as actividades ofertadas destaca o obradoiro de conciliación ‘Móvete’, destinado a nenos dos tres ós doce anos. O programa deseñado polo departamento de Deportes pobrense para este verán inclúe actividades do máis variado, dirixidas a tódalas idades, dende os máis pequenos ata os adultos, desenvolvéndose nas instalacións deportivas municipais, na praia de Cabío ou noutras zonas do entorno natural do Concello. Como en anos anteriores a programación estará dividida en varios apartados: escolas deportivas de clubs, actividades para adultos, actividades no mar e na praia ou competicións deportivas nas que se incluirán o torneo de fútbol praia 3x3, o torneo de xadrez, a regata de traíñas bandeira Concello da Pobra ou a milla urbana nocturna, entre outras. A maiores tamén se ofertarán os obradoiros de conciliación ‘Móvete’, destinados a nenos dos tres ós doce anos. Dende o Concello animan a participar nas actividades. Para máis información os interesados poden dirixirse ó Departamento de Deportes pobrense cuxas oficinas atópanse ubicadas na casa de Cultura Raquel Fernández Soler
PONTEVEDRA> Pontevedra segue a ser o berce de numerosas probas deportivas. Este domingo nacerá na cidade a 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela. Unha marcha cicloturista que busca que os participantes gocen do entorno sen competir. O percorrido completo chegará aos 138 quilómetros e xa hai máis de 500 inscritos. A 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela estréase este domingo en Pontevedra. Unha nova marcha cicloturista que nace para redondear a marca 4 picos. Nesta festa do ciclismo os participantes poderán escoller ata tres distancias diferentes. E é que a intención da organización é que sexa accesible para todos os públicos. Nesta primeira edición participarán 510 persoas, entre elas ciclistas de renome como Moisés Dueñas, Álvaro Pino ou Javier Guillén. Tamén estará o gañador do Tour de Francia Óscar Pereiro. A saída da proba darase de xeito neutralizado ás 9 da mañá do domingo dende a Avenida Montero Ríos.
Publicado en DEPORTES
PORTAS> Portas converteuse onte nunha pista de atletismo. O concello acolleu a segunda clásica do albariño 10K Viña Almirante. Cita organizada pola adega e que este ano congregou a máis de 150 corredores nas categorías absolutas. Dez quilómetros entre os viñedos e a paisaxe de Portas, formaron o trazado do percorrido da segunda clásica do albariño 10K Viña Almirante. A cita celebrouse o domingo, e reuniu a máis de 150 corredores nas categorías absolutas. Os nenos e os corredores máis novos tamén puideron participar desta cita, que xa se ten convertido en ineludible dentro do calendario deportivo pero tamén festivo de Portas. E é que en tan só dúas edicións Viña Almirante xa demostrou o seu compromiso social. O alcalde de Portas tamén se achegou a participar da cita, e destacou o seu papel como dinamizadora social e fiestra turística para o concello. Dende a organización están máis que satisfeitos co desenvolvemento desta segunda carreira, polo que xa empezan a traballar na edición do vindeiro ano.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> En Vilagarcía xa está todo prácticamente listo para recibir aos participantes do Torneo Internacional Clae Viaxes. A cita do fútbol benxamín organizada polo Arosa cumpre a súa sexta edición, e reunirá a vindeira semana a un total de 48 equipos e máis de 2.000 persoas na capital arousá. O sexto Torneo Internacional ClaeViajes, organizado polo Arosa, atraerá un total de 48 equipos da categoría benxamín. Unha ducia son galegos. Os outros proceden de nove comunidades autónomas diferentes, e ata de Portugal, Inglaterra e Dubai. No Cidade de Vilagarcía participarán oito canteiras de equipos de primeira División: Atlético de Madrid, Celta de Vigo, FC Barcelona, FC Porto, Vitoria Guimaraes, Deportivo, Arsenal e Boavista. Tamén estará a Spanish Soccer School de Dubai, co vilagarcián Pablo Coira. En resumo, máis de 2.000 persoas invadirán Vilagarcía a vindeira semana. Toda a vila volcarase cos seus protagonistas e anfitrións: os dous equipos benxamíns do Arosa. Os pequenos xogarán os días 16, 17 e 18 en A Lomba e o Manuel Jiménez.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O 2019 será o ano do deporte de primeiro nivel en Pontevedra. A capital acollerá ata cinco campionatos do mundo de diferentes disciplinas. Aos xa anunciados triatlón de longa distancia, triatlón cross, duatlón e aquatlón, súmase o ‘aquabike’. Unha programación de luxo para o ITU Multisport Festival de triatlón que se celebrará en dous anos. Tríatlon de longa distancia, tríatlon cross, duatlón, aquatlón e aquabike. Son as cinco disciplinas que no 2019 celebrarán en Pontevedra os seus Campionatos do Mundo. O ITU Multisport Festival de triatlón convértese así en todo un reto. As cifras que deixan as previsións son mareantes. Máis de 4.000 deportistas permanecerán durante dez días en Pontevedra e o seu entorno. Acompañados, case sempre, das súas familias. Hoxe constituíuse o Comité Organizador do evento, no que ademáis do concello e das Federacións Española e Galega de Triatlón, están representadas tamén Deputación e Xunta. O que si xa ten o evento é mascota. O comité escolleu a imaxe dun loro con moitas cores, que resultar ser ‘o neto deportista’ do loro pontevedrés máis ilustre, Ravachol. Aínda está pendente de bautizar.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook