• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
LOUSAME> O concello de Lousame segue a apostar pola promoción da vida saudable entre os seus veciños cunha ampla oferta de actividades de lecer relacionadas co deporte. Alumnos e alumnas de secundaria do CPI Cernadas de Castro fixeron esta semana unha ruta de sendeirismo de 19,5 quilómetros entre o monte Iroite e da Curota. Unha viaxe na que foron guiados polo técnico de Deportes do Concello de Lousame, Germán Romero. Trátase dunha saída que os rapaces e rapazas do colexio adoitan facer no mes de maio e que desta ocasión tivo como escenario dous dos montes referencia na comarca, facendo un percorrido no que disfrutaron de grandes vistas paisaxísticas. Os rapaces saíron do monte Iroite, ata onde chegaron en autobús, e fixeron un percorrido ata o monte da Curota.
Publicado en DEPORTES
POBRA> A actividade, organizada polo Puebla Fútbol Club, desenvolverase no campo de Cadreche do 23 de xuño ó 4 de xullo.
Publicado en DEPORTES
RIANXO> A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos Campamentos Deportivos, nos que nenos e nenas de toda a provincia disfrutarán dun amplo programa de actividades coma deportes náuticos, equitación, multiaventura, kayak, paseos en barco, tenis, voleibol, capoeira ademaisde actividades culturais E veladas nocturnas.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> A Regata Almirante Rodríguez Toubes chega esta fin de semana. Agárdase que máis dunha trintena de embarcacións participen na décimo oitava edición da competición, que este ano contará cun atractivo adicional: e é que será fundamental para conseguir a Copa Galicia de Cruceiros deste ano.
Publicado en DEPORTES
PORTODOSON> Tanto en fútbol coma en duatlón, os nenos serán os protagonistas. Na súa aposta polo fomento do deporte, o concello de Porto do Son presentou as actividades destacadas para este mes de maio. O fútbol base será un dos pratos fortes, ca celebración da cuarta edición do torneo de fútbol 7, que xa conta con 40 equipos inscritos entre as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Este campionato consolídase ano tras ano, grazas a boa acollida do público e o xogo limpo dos pequenos futbolistas. Desde a directiva do Porto do Son, o club organizador, invitan a gozar desta festa do fútbol e a coñecer máis se cabe o concello sonense. O concelleiro de deportes resaltou o gran traballo que realizan pais e organizadores Paralelamente fíxose a presentación oficial do campionato galego de duatlón escolar, xa que a vila de Portosin será anfitrioa do evento. O 10 de maio daranse cita os mellores duatletas da comunidade tras clasificarse nas súas respectivas finais provinciais.As categorías participantes irán desde benxamín, nados entre o 2004 e o 2005, ata cadetes nados no 98, aumentando o percorrido a medida que avance a idade. Todas as probas se realizarán nas inmediacións da zona portuaria e o público contará con boa visibilidade para poder seguir a competición. O concello de Porto do Son agradeceu a confianza depositada nesta colaboración.  
       
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> A competición, que se desenvolverá a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, estrá amadriñado pola xogadora Verónica Boquete.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> O baloncesto reinará en Pontevedra esta fin de semana. Dende o sábado ata o luns, a Federación Española instalará na cidade o seu Road Show, quecendo motores para o Campionato do Mundo infantil e xuvenil que se celebrará o vindeiro verán.
Publicado en DEPORTES
LOUSAME> O equipo alevín das Escolas Deportivas Municipais de Voleibol do Concello de Lousame conseguiu o terceiro posto na Fase Zonal do progama Xogade.
Publicado en DEPORTES
BARBANZA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou a segunda edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares que este ano chegará a 18 probas, fronte á decena do pasado ano. Comezarán este domingo 4 de maio en O Pino e rematarán o 9 de novembro en Negreira.
NOIA> O evento, que terá lugar no pavillón municipal a partir das dez da noite, está organizada polo club ITF Noia e servirá de homenaxe a José Ramón Martínez.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> A oitava edición da Carreira de Campo a Través do Corgo vai servir este sábado para dar o pistoletazo de saída a unha nova convocatoria, a sétima xa, do Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira. A presentación da carreira tiña lugar esta mañá no concello e contou coa participación de Eduardo Iglesias, no nome da asociación Arousa Natureza e Ocio, entidade organizadora e Juan Luis Martínez, edil de Deportes. Por segundo ano consecutivo serán cinco o número de citas que integran o calendario, tras a inclusión o ano pasado da carreira de Castiñeiras. Despois da do Corgo en Corrubedo, sucederanse a XI Carreira Popular da Virxe da Guía (en Carreira, o 17 de maio), a II Carreira Nocturna de Castiñeiras (na parroquia do mesmo nome o 7 de xuño), a VII Carreira do Demo (o 24 de agosto en Artes) e a XVII Carreira Popular de Santa Uxía (o 28 de setembro na cidade capital do municipio). Unha das novidades do circuíto é o feito de que os corredores que corran as catro primeiras citas non terán que abonar o custe de inscrición da quinta (Santa Uxía). O prezo por participar será semellante en todos os certames por consenso das entidades organizadoras: seis euros. Polo que respecta á Carreira do Corgo, contará cunha modalidade individual (masculina e feminina) e outra por parellas. O circuíto será integramente sobre terra, atravesando lugares de tanta espectacularidade e beleza natural como o monte Facho, o Corgo e os campos de Teira. Terá unha lonxitude de doce quilómetros. Para máis información e inscricións, cómpre visitar a páxina web www.arousa.com.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> Esta mañá presentábase no concello de Ribeira a terceira edición do Torneo de Fútbol Base de Aguiño que se desenvolverá durante esta Semana Santa, os días 17 e 18 de abril, no campo da Tasca, e que este ano contará coa participación de 18 clubs de categorías prebenxamín e benxamín non só da comarca senón tamén de fóra dela. A competición, organizada polo Club Xuventude de Aguiño en colaboración co concello, terá unha primeira fase de liguiña na que se medirán, en cada xornada, 16 equipos distribuídos en catro grupos. De cada grupo clasificaranse os dous mellores equipos que xogarán as eliminatorias de cuartos de final, ós que seguirán os partidos de semifinais e final. Os duelos sucederanse ininterrompidamente dende as 10 da mañá ata as nove da noite, hora fixada para as finais. Os clubs participantes serán nesta edición: Xuventú Aguiño, S.D. Abanqueiro, Catoira S.D., Sálvora C.F., Porto do Son C.F., Santiago de Compostela, Once Caballeros C.F., E.D. Arousa, C.D. Unión, E.F.C.D. Boiro, S.D. Villestro, Arosa S.C., V. Cabo de Cruz, Ulla Pontecesures C.F. e E.F. Sálvora.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook