• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBEIRA> Por sexto ano consecutivo o Club Náutico e Deportivo de Ribeira organiza a Volta a Sálvora-Regata Congalsa. A proba reunirá este sábado ó redor dunhas vinte embarcacións pertencentes a distintos clubs da zona. Os grupos en competición serán: regata, cruceiro-regata e cruceiro, contemplándose varios percorridos dependendo da metereoloxía prevista para esa xornada.
BOIRO> A Marina de Cabo de Cruz, en Boiro, acollerá as Xornadas de Náuticas Adaptadas, coas que se pretende fomentar o deporte e ao mesmo tempo garantir o acceso ao mesmo ás persoas con discapacidade.
RIBEIRA> Ribeira acollerá o próximo domingo 19 de xuño o Día da Bici. A organización da actividade correrá a cargo outro ano máis dos clubs ciclistas Tahume e Saltamontes, en colaboración co propio concello. A céntrica praza de España volverá a ser punto de saída e de chegada da actividade.
RIBEIRA> O doce de xuño chegará a Ribeira a décima edición da Carreira do Corgo. A proba,con saída e chegada dende á aldea de Teira, en Corrubedo, consta dun percorrido de catorce quilómetros.
SANXENXO> Sanxenxo albergará os días 11 e 12 de xuño o Campionato de España de Motos Acuáticas. No evento  reuniranse máis de 30 dos mellores pilotos nacionais das categorías GP1 e GP2 que competirán polas rías de Vigo e Pontevedra.
Publicado en DEPORTES
SANXENXO> A praia de Silgar converterase nun estadio xigante de fútbol praia no mes de xullo. A vila albergará a que será a única proba da Euro Beach Soccer League 2016, que se xogará en España. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Club Ciclista Lobeira ten esta fin de semana a súa cita máis importante do ano. O domingo celébrase a súa Marcha Cicloturista, unha proba federada que xa cumpre 21 anos. Máis de 200 persoas percorrerán un circuíto de 100 quilómetros polo Salnés, incluíndo dous portos estrela: a Armenteira polo Castrove e a subida a Lobeira.
Publicado en DEPORTES
Publicado en portada
VILAGARCÍA> O fiasco do Triatlón Rías Baixas continúa coleando. Esta tarde chegaron as explicacións oficiais dende o concello de Vilagarcía. Con todos os informes sobre a mesa, o concelleiro de deportes volveu sinalar á empresa organizadora como responsable da suspensión da proba. Insistiu, ademais, en que o concello cumpriu cos seus compromisos, extralimitándose incluso do acordado inicialmente.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Uns 2.000 atletas competirán na Copa do Rei e da Raiña e no Campionato de España de tríatlon por relevos que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de maio en Pontevedra. A cidade do Lérez convértese esa fin de semana na capital do tríatlon e espérase un bo nivel de competidores na categoría de elite tanto masculina como feminina.
Publicado en DEPORTES
PORTO DO SON> As catro escolas de surf de Porto do Son decidiron unirse nunha única entidade para poder asumir as cotas esixidas por Costas para o uso das praias. Finalmente tan só terán que aboar o canon de douscentos euros durante os meses de xullo e agosto, e non por todo un semestre como pretendía o organismo dependente de Medio Ambiente.
BARBANZA> A atleta da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, Lidia Parada, vencía esta pasada fin de semana no Torneo Internacional de Vilanova da Cerveira, en Portugal.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook