• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Venres, 08 Abril 2016 18:21

Arranca a XXXII edición do Rali de Noia

NOIA> A proba, a primeira das que se celebran dentro do Campionato Galego, terá coma principais favoritos a Ivan Ares e Alberto Meira, debido á ausencia do vixente campión autonómico, o vigués Álex Pais.
Publicado en DEPORTES
RIANXO> A carreira, disputada este domingo, era a última das citas do circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series, tras as probas celebradas en Ribeira, Pobra do Caramiñal e Boiro.
Publicado en DEPORTES
NOIA> Noia converterase esta fin de semana na sede do tenis de mesa posto que acollerá os campionatos galegos xuvenil e sénior neste deporte. Agárdase que máis dun cento de xogadores asistan á cita deportiva que se celebrará no pavillón Rosalía de Castro o sábado e domingo.
Mércores, 16 Marzo 2016 19:38

Boiro acolle en Maio o 'Desafío Boot Camp'

BOIRO> Trátase dunha innovadora modalidade de carreira de obstáculos con percorrido polo monte, o asfalto e a area. Os amantes da aventura xa poden formalizar a inscrición nesta proba, clasificatoria para o campionato europeo deste deporte.
NOIA> Noia acollerá este próximo domingo, trece de marzo, a cuarta carreira de BTT Ría de Noia. A proba, que está organizada polo Club Ciclista Toxo, contará cunha participación próxima ós catrocentos corredores, o que significará un récord de asistencia. Dende a organización agradécese a colaboración prestada por diversas entidades, así como tamén polos concellos de Lousame e Noia, en especial este último, xa que sen a súa axuda non podería celebrarse. Desde o executivo noiés, o seu edil de Deportes, Ramón Santos, destacou a importancia desta carreira, que teñen intención de seguir potenciando e que así se poida converter nun referente a nivel autonómico, pola súa magnifica organización e pola beleza do seu percorrido.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> A cidade do Lérez acollerá este verán os campionatos europeos máster e de elite de piragüismo maratón. Dende o 26 de xuño e ata o 3 de xullo os mellores deportistas destas categorías loitarán na auga por facerse co podium e porán de novo a Pontevedra no punto de mira de todo o mundo. 
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Todo preparado en Boiro para acoller esta fin de semana o Campionato de España de Duatlón por Equipos. Na proba daranse cita máis de mil atletas chegados dende diferentes clubs de todo o ámbito nacional. Á competición federada, sumaráselle tamén un duatlón popular que estará aberto a tódolos afeccionados.
VILAGARCÍA> A vitoria deste fin de semana do Arosa fronte ao Cerceda, que chegaba líder a encontro, dálle un empurrón aos de Piscis para afrontar a segunda metade da tempada. Os tres puntos que se levaron a casa ante un partido de gran dificultade, axúdaos a esquecer os dous últimos meses de baixón que tivo o equipo e a pensar xa en próximos encontros.
Publicado en DEPORTES
POBRA> O concello da Pobra aposta forte pola promoción do deporte e do turismo. Tres novas rutas de sendeirismo véñense sumar á oferta de actividade de lecer do municipio. Toda a información sobre os itinerarios pode consultarse a través da web rutas.apobra.gal.
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra podería albergar en 2019 o Campionato do Mundo Junior de Balonmán e o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en 2018 se chega a un acordo coa Federación Española deste deporte. Os dous eventos poderían traer a miles de deportistas, familiares e espectadores e suporía unha inxección importante para a economía da cidade e a súa proxección internacional.
Publicado en DEPORTES
POBRA> Os locais do Liceo Pueblense acollerán este próximo sábado, en xornada de mañá e de tarde, o segundo Torneo de Nadal de Xadrez organizado conxuntamente polo Club Deportivo Marquiño e o Club de Xadrez Brétema, en colaboración co concello da Pobra do Caramiñal. O torneo estará dividido en dúas categorías: promoción e absoluta. Na primeira poderán tomar parte as categorías máis novas, nados a partir do ano 2000, mentres que a segunda estará dirixida ós que naceran con anterioridade a ese ano. Para máis información ou inscricións os interesados poden contactar co propio departamento de Deportes Pobrense situado no pavillón de Venecia ou ben a través dos propios clubs organizadores.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> A primeira das citas do circuíto de carreiras de montaña que organiza Arousa NeO será o próximo 31 de xaneiro coa disputa do Trail de San Alberto en Ribeira.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook