• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> A proba, que chega este ano á súa décimo oitava edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> Este ano, a Volta ciclista a Galicia rematará en Pontevedra. A proba chegará á cidade o vindeiro domingo, converténdose en punto de encontro do mellor ciclismo amateur galego. Na súa décimo cuarta edición, a Volta arrancará en Lugo e serán 18 equipos os que pelexen pola vitoria.
Publicado en DEPORTES
NOIA> Vitoria na casa do Noia Fútbol Sala que se fixo coa Copa Deputación ó vencer ante o Parrulo por tres a un. Na categoría feminina, o Viaxes Amarelle fíxose con título nun encontro moi igualado co Fisober que rematou cun dous a un no marcador final.
Publicado en DEPORTES
VILANOVA> A proba para as categorías alevín e benxamín disputarase a partir das once da mañá na zona do esteiro e reunirá ó redor duns cincocentos rapaces procedentes de diferentes clubs da provincia.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> A proba para BTT terá lugar o próximo tres de outubro está organizada por Global DXT, en colaboración co concello e o club ciclista ‘A Roda do Demo’.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> Á falla de algo máis dunha semana para a celebración do Torneo EncestaRías, que terá lugar no pavillón vilagarcián de Fontecarmoa, do 11 ó 13 de setembro, a expectación que está a suscitar esta cita deportiva é moi elevada, e só basta con observar o ritmo de venda de entradas. A posibilidade de poder ver en directo a tres clubs ACB, como son o Río Monbus Obradoiro o Herbalife Gran Canaria e o Movistar Estudiantes, está a levantar tamén un enorme interese fóra do noso ámbito territorial. Proba diso é que a organización está a recibir numerosas chamadas de Madrid, en concreto da afección da ‘Demencia’, moi interesados en desprazarse esa fin de semana ata Vilagarcía. Só se porán á venda unhas mil entradas, polo que dende a ADC EncestaRías apuntan a que os interesados en adquirir o abono para as tres xornadas, a un prezo de trinta euros, poden dirixirse ás clínicas Vitaldent de Vilagarcía, Santiago, Pontevedra e Vigo ou a través da web www.masterseniorleague.com.
Publicado en DEPORTES
NMUROS> O concello de Muros acolle este domingo unha carreira solidaria en favor de Cáritas. Dende a organización, que corre a cargo da piscina municipal, agardan superar os cincocentos participantes da pasada edición.
POBRA> Ó redor de oitocentos corredores daranse cita na carreira popular da Pobra que se celebrará este domingo. Nesta sétima edición, ademais da homenaxe a Necho Fernández, converterase no primeiro memorial Jesús Huerta.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Chega a Boiro a cuarta edición do Barbantia Roda que este ano convértese no Campionato Galego de Maratón. Catrocentos ciclistas participarán nesta proba que se compón de cen quilómetros pola serra do Barbanza. A dureza do itinerario pagará a pena pola beleza das vistas e paisaxes naturais ó seu paso.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Non podía faltar no peche da tempada de verán unha nova regata na que Portonovo e Cabo de Cruz estreitan a súa colaboración. A regata hotel Galatea partirá o sábado ás dúas da tarde dende Portonovo para chegar a Cabo de Cruz a última hora da tarde.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Cabo de Cruz acollerá este sábado a novena edición da travesía a nado Concello de Boiro, que se enmarca no Circuíto Galego de Augas Abertas. Os participantes nas categorías absolutas deberán percorrer unha distancia de dous mil cincocentos metros aínda que haberá distancias menores para os afeccionados.
PONTEVEDRA> O domingo 23 de agosto o triatlón volverá copar as rúas pontevedresas. A cidade prepárase para acoller o Triatlón Cidade de Pontevedra que con quince edicións ás súas costas xa é unha das probas máis veteranas de toda Galicia. Como particularidade, a cita non está pensada unicamente para os deportistas federados; os afeccionados tamén terán a súa oportunidade no circuíto “YO SI TRI”.
Publicado en DEPORTES
HomeMostrando artigos por etiqueta: Deportes Top of Page

Síguenos en facebook