• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PONTEVEDRA> A principal ferramenta da campaña do BNG en Pontevedra será un cómic. A banda deseñada creada polo debuxante Kiko Dasilva converte a Miguel Anxo Fernández Lores e a César Mosquera en Lórix e Mosquérix, dous heroes galos que loitan para defender a Pontevedrum da conquista dos PPromanos. Os nacionalistas recoñeceron o arriscado da proposta, pero ven nela un xeito de achegar a política aos veciños que, normalmente, non se preocupan dela.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> O alcaldable socialista de Vilagarcía adiantou hoxe as medidas que leva no seu programa en materia de emprego. Aínda que recoñeceu as limitacións da administración local neste eido, Alberto Varela defendeu que os concellos poden facer máis para paliar o paro dos seus veciños. Plans de formación, apoio aos emprendedores e a xa coñecida cláusula social nos contratos coas empresas, son as súas principais propostas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O Partido Popular de Boiro presentou a súa candidatura nun acto multitudinario celebrado no restaurante Chicolino. Acompañado polo secretario xeral e o secretario provincial do partido, Alfonso Rueda e Diego Calvo, respectivamente, o candidato dos populares á alcaldía boirense, Xoán Xosé Dieste, destacou o traballo realizado polo seu equipo durante estes catro anos á fronte do concello como o mellor aval dunha xestión honesta e responsable.
POBRA> O Partido Popular da Pobra do Caramiñal ten no turismo un dos seus principais piares. Por esta razón teñen previsto incluír no seu programa de goberno ás vindeiras eleccións municipais diversas actuacións encamiñadas a potenciar aínda máis a súa importante riqueza natural.
PORTO DO SON> A ex concelleira do Partido Popular, Asunción Torres, presentou a nova formación política coa que aspirará á alcaldía de Porto do Son. Baixo as siglas de Portodos, a actual edil integrada no grupo mixto, propón un programa baseado no emprego, a educación e os servizos sociais.
RIANXO> Os dous fixeron alusión ó traballo realizado ó longo destes anos á fronte da alcaldía polos gobernos socialistas, razón máis que suficiente para que os veciños volvan a confiar na formación do puño e da rosa o vindeiro 24 de maio.
VILAGARCÍA> A pesares de que a corporación conseguiu chegar a algúns acordos, a crispación marcou a sesión. Cando menos, iso veñen de denunciar os socialistas vilagarciáns. O alcaldable Alberto Varela insistiu na súa aposta pola participación veciñal, e criticou a aprobación de quince obras por máis de 450.000 euros a menos dun mes de rematar a lexislatura.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> O Partido Popular celebrou esta pasada fin de semana a presentación das súas candidaturas en Ribeira e Rianxo. Manuel Ruíz repetirá como alcaldable na capital da comarca co reto de manter a maioría absoluta. No caso de Rianxo, a cabeza de lista volverá a ser Vanessa Martínez.
RIBEIRA> O secretario xeral dos socialistas galegos sumouse tamén á campaña no Barbanza arroupando ó candidato de Ribeira, Manuel Vilas, na súa presentación. Esta fin de semana tamén se presentaba a candidatura do PSOE rianxeiro, encabezada por Mari Carme Figueira.
VILAGARCÍA> A menos dun mes das eleccións municipais e co inicio da campaña á volta da esquina, a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia desta fin de semana deixa diferentes interpretacións en Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> Fin de semana marcada pola presentación de candidaturas ás próximas eleccións municipais. Estamos a menos dun mes para a celebración dos comicios, e a maquinaria electoral xa comeza a rodar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> Boiro Novo presentou o seu código ético. O documento, no que se recollen accións concretas para os membros do partido, no caso de que acaden responsabilidades de goberno.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook