• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PONTEVEDRA> Corenta e oito horas despois desas imaxes, Fernández Lores e o seu gabinete xa comezaron a traballar. Hoxe celebraron a primeira xunta de goberno deste novo mandato, que buscan iniciar cun ritmo elevado de decisións. Tamén arrancaron o seu traballo os voceiros da oposición, que foron convocados para a primeira xunta de portavoces. O obxectivo: traballar a proposta que se levará ao pleno que abordará a organización da nova corporación, convocado para este mesmo xoves.
Publicado en PONTEVEDRA
SALNÉS> Vilagarcía e O Grove volven ser socialistas. Sen sorpresas, nos plenos de investidura confirmouse que serán as listas máis votadas as que gobernen en minoría nos vindeiros catro anos. Alberto Varela e José Antonio Cacabelos recuperaron a alcaldía para o PSOE, despois dun último mandato con gobernos populares á cabeza.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Publicado en portada
NOIA> Noieses Independentes Agrupados integrará un bipartito liderado polo PSOE de Noia. A formación encabezada por Marisol Villar deixou ata o último momento a decisión que tomaba a pasada tarde nunha xuntanza cos socialistas. As dúas formacións gobernarán en minoría xa que Marea Cidadá e BNG non entrarán no executivo aínda que si facilitarán a investidura de Miguel Paz.
Publicado en portada
SANXENXO> O Partido Popular perde, tamén, Sanxenxo. Hoxe SAL, BNG, Sanxenxo Pode e o PSOE fixeron público o seu pacto; unha decisión que a partir das investiduras de mañá deixará á vila gobernada por un cuatripartito encabezado polo independente Gonzalo Pita.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Sanxenxo é un dos concellos que concentra gran parte da atención. A escasas horas do pleno de investidura, aínda se descoñece cal será a distribución da nova corporación.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
POBRA> Nós Pobra gobernará en solitario tras rachar as negociacións co grupo socialista. O motivo da ruptura das conversas foi a proposta dunha dedicación parcial para a representante do PSOE, Teresa García.
Publicado en portada
SANXENXO> O cuatripartito para arrebatar a alcaldía ao PP de Telmo Martín cobra foza en Sanxenxo. Segundo Gonzalo Pita, líder de SAL e a alternativa a Martín para o posto de rexedor, a desconfianza e a falta de compromiso dos populares foi o que levou á súa formación a avanzar nas conversas con PSOE, BNG e Sanxenxo Pode. Iso si, ata o sábado Pita non da nada por pechado.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook