09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
RIBADUMIA> En Ribadumia, os días previos á investidura da nova corporación tamén se están a facer costa arriba para os populares.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Rafael Louzán continúa coa man tendida ao Bloque Nacionalista Galego. O aínda presidente da Deputación de Pontevedra insiste en dialogar cos nacionalistas, baseándose na lexitimidade que lle deron as urnas, e acepta o programa de mínimos que o BNG presentou onte. Pero a proposta estaba dirixida ao Partido Socialista, e dende o Bloque insisten: non se plantexan ningún acordo co Partido Popular.
Publicado en PONTEVEDRA
A tan só cinco días de que se celebren os plenos para a constitución das novas corporacións locais, aínda hai moitos concellos que non conseguiron acadar pactos para formar goberno. É o caso de Muros onde Compromiso por Galicia ten a chave para investir ó futuro alcalde.
Publicado en portada
PONTEVEDRA> O BNG pon condicións para dar o seu apoio na Deputación de Pontevedra. O deputado César Mosquera presentou esta mañá un programa de mínimos para condicionar o seu voto na investidura do futuro presidente da institución. Os nacionalistas queren unha Deputación máis transparente e igualitaria para esta nova etapa que, previsiblemente, terá un membro do Partido Socialista á súa fronte.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O Partido Popular segue facendo autocrítica. A xunta directiva da formación en Pontevedra mantivo hoxe un encontro dirixido polo presidente galego para facer balance das municipais. Alberto Núñez Feijóo defendeu que o PP foi o gañador das eleccións, pero comprometeuse a renovar a formación para recuperar a súa posición.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
POBRA> Á espera do debate de investidura no que, salvo sorpresa, o candidato de Nós Pobra será elixido alcalde, a formación comezou xa a preparar o traspaso de poderes. Xosé Lois Piñeiro mantivo varios encontros co rexedor en funcións no que abordaron un dos problemas máis urxentes: ausencia do secretario municipal.
Publicado en portada
VILAGARCÍA> Nin a última hora nin con improvisación. Tomás Fole defende a súa decisión de devolver o obelisco á praza de Galicia, a menos de dez días da súa saída da alcaldía. O aínda rexedor defende que era unha actuación que xa estaba en marcha, e insiste na lexitimidade do seu goberno para levala adiante. Asegurou, tamén, que non será a única decisión que se tome neste tempo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O alcalde en funcións de Vilagarcía pide transparencia ao seu substituto. Tomás Fole criticou a opacidade coa que, ao seu modo de ver, se están a levar as negociacións entre o PSOE e BNG e Esquerda Unida. O aínda rexedor tendeu a man a Alberto Varela, tanto para o traspaso de poderes como para o funcionamento da futura corporación.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O BNG de Vilagarcía non entrará nun goberno de coalición. A decisión foi tomada de xeito unánime pola militancia, despois da asemblea que celebraron onte. Así as cousas, a intención dos nacionalistas é non impedir a investidura de Alberto Varela como alcalde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook