• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
RIBEIRA> A negativa de Ciudadanos a integrar gobernos que non encabece pecha a porta a un posible pacto a catro en Ribeira para arrebatarlle a alcaldía ó PP. Así as cousas, o BNG proporá un acordo de mínimos ós grupos da oposición para fiscalizar o labor do goberno ó longo desta lexislatura.
PORTO DO SON> Os malos resultados electorais colleitados polo Bloque Nacionalista Galego en Porto do Son cobráronse a primeira das vítimas.
POIO> En Poio non se agardan variacións importantes na corporación. O alcalde en funcións e candidato do BNG, Luciano Sobral, agarda arrancar o vindeiro 13 de xuño a súa sexta lexislatura á fronte do concello. Unha xestión que, unha vez máis, terá que apoiarse nos concelleiros do PSOE, que o vindeiro 24 de maio pasou de tres edís a catro.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
Publicado en portada
CALDAS> A cinco días das eleccións municipais, o alcalde de Caldas faise coa maioría absoluta. Finalmente, a Xunta Electoral aceptou por unanimidade a reclamación presentada polo Partido Socialista pola anulación de dúas papeletas, suficientes para outorgar a maioría a Juan Manuel Rey.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O presidente da Deputación continúa resistíndose a dar por perdido o seu posto. Rafael Louzán insistiu esta mañá na súa oferta de pacto ao Bloque Nacionalista Galego, falando de acordo sen límites. Pero polo de momento, o presidente popular non foi capaz de seducir ao BNG; tanto o deputado César Mosquera como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores negaron un pacto cos populares.
Publicado en PONTEVEDRA
RIANXO> Os nacionalistas teñen intención de iniciar a próxima semana contactos co resto dos grupos, a excepción do Partido Popular, para chegar a acordo.
CAMBADOS> O PSOE de Cambados xa iniciou contactos con BNG, Cambados Pode e Somos Cambados para plantexar a formación dun goberno conxunto. O acordo entre estas forzas sería o único xeito de desbancar a Luis Aragunde e ao Partido Popular da alcaldía, despois de que o 24 de maio perdera a maioría absoluta. A líder socialista, Fátima Abal, está disposta a falar de todo cos outros partidos. A única liña vermella é a renuncia a alcaldía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MUROS> Esta será a única condición que poñerán os socialistas para sentarse a dialogar.
RIBEIRA> Preséntase complicada a situación para a gobernabilidade de Ribeira. Malia que a agrupación de Ciudadanos aínda non manifestou a súa vontade, o comité rexional do partido emitiu un comunicado sentando as bases para posibles acordos post-electorais.
CALDAS> En Caldas, os resultados das eleccións do 24 de maio non son definitivos. De feito, aínda hai esperanza para o alcalde, que podería optar á maioría absoluta da que só o separa un voto. O PSOE presentou unha protesta oficial sobre dous votos anulados, ao seu parecer, de xeito erróneo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook