• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
RIBEIRA> Un dos concellos que presenta maior incerteza tralo resultado das eleccións é o de Ribeira. A perda da maioría absoluta do PP e a irrupción dunha nova forza política, Ciudadanos, abre a porta a moitos posibles escenarios.
Publicado en portada
POBRA> Analizados os resultados da xornada electoral, as distintas forzas con representación nos concellos nos que non se acadaron maiorías iniciaron os contactos para formar goberno. É o caso da Pobra onde a perda de dous concelleiros por parte do PP abre a porta a un posible goberno de esquerdas.
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Se non ocupa a presidencia da Deputación, tampouco estará na oposición. Así o anunciou esta mañá o presidente en funcións, Rafael Louzán. De cumprirse os prognósticos, un pacto entre PSOE e BNG sentará á socialista Carmela Silva no sillón que durante os últimos 12 anos ocupou Louzán.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Moitas menos sorpresas deparou a noite en Pontevedra. Na capital de provincia cumpríronse os prognósticos das enquisas, e o BNG de Miguel Anxo Fernández Lores quedou ás portas da maioría absoluta con 12 edís. No resto da comarca, a volta de Telmo Martín a Sanxenxo permite aos populares revalidar a alcaldía. En Poio, o empate entre BNG e PP obriga a Luciano Sobral a volver botar man dos tres edís do PSOE.
Publicado en PONTEVEDRA
Publicado en portada
SALNÉS> Na comarca de O Salnés, a noite electoral deixou moitas sorpresas. O Partido Popular perdeu a súa histórica hexemonía na zona, poñendo en perigo a alcaldía en concellos como Cambados e Ribadumia. En Vilagarcía, os socialistas recuperaron Ravella con oito concelleiros.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CALDAS> O socialista Juan Manuel Rey acariñou a maioría absoluta. Un só voto separa ao rexedor dos sete edís que lle permitirían gobernar comodamente en solitario. Si que as conseguiron os actuais rexedores de Catoira e Valga, que seguirán no cargo catro anos máis. Pontecesures e Portas deixaron boas novas para o Partido Popular. Non así en Barro, unha das sorpresas da noite: o popular José Antonio Landín perde a maioría e podería deixar a alcaldía despois de cinco mandatos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
MUROS/NOIA> En Muros vislúmbrase tamén un panorama de complexa gobernabilidade ó quedar moi repartidos os votos entre as catro formacións políticas que se presentaban.
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook