• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
Publicado en portada
BARBANZA> Caída xeneralizada do PP no Barbanza que perde as maiorías absolutas en dous feudos históricos: Ribeira e A Pobra. Tan só en Boiro, os populares contan cunha cómoda vantaxe para gobernar. En Rianxo, o BNG de Adolfo Muíños consolídase como a forza máis votada.
VILAGARCÍA> Neste último día de campaña, o BNG de Vilagarcía mirou cara o mar. A candidatura trasladouse ata Carril para reivindicar a importancia do sector marisqueiro na economía local. Segundo a alcaldable María Villaronga, de chegar ao goberno as súas medidas irán encamiñadas a potencialo e á creación de traballo neste sector. Algo que ten que comezar co saneamento da ría.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía despediu onte a campaña. Fíxoo con Rafael Louzán e Alberto Núñez Feijóo arroupando ao seu alcaldable, que o vindeiro domingo aspira a revalidar a alcaldía. Os presidentes provincial e autonómico pediron aos que ocupaban o Salón García catro anos máis para o rexedor Tomás Fole.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía despediu hoxe a súa campaña electoral. Ademais de polo seu equipo, o candidato Alberto Varela estivo arroupado polo senador socialista Óscar López e por Pilar Cancela, secretaria de organización do PSdeG. Todos xa ven a Varela como o alcalde que sairá das urnas o 24 de maio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA>O PP da Pobra promoverá a creación de emprego a través de convenios coas empresas asentadas na Tomada. A intención dos populares é favorecer a contratación de cidadáns censados na Pobra. Pola súa banda, os populares boirenses centrarán esforzos na educación, a xuventude e o deporte.
POIO> A promesa dunha depuradora para Poio é unha das propostas estrela do Partido Popular no concello. O candidato Ángel Moldes convocou a mariscadoras da vila para trasladarlles o seu compromiso coa construción desta infraestrutura, clave para mellorar o saneamento das rías. No encontro, Moldes contou co respaldo da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> O candidato á alcaldía de Sanxenxo, Telmo Martín, anuncia un investimento de máis de sete millóns e medio de euros para abrir Portonovo ó mar. A vila mariñeira centrará o proxecto estrela dos populares, que planean recuperar a fachada marítima cunha gran praza, un aparcamento soterrado para case trescentos vehículos e melloras na estrada á Lanzada.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía aposta por unha vila máis humanizada. No marco do seu programa, Alberto Varela recolle actuacións nas avenidas de Pontevedra e Rosalía de Castro, consideradas como as dúas entradas a Vilagarcía. A súa aposta pasa por dotalas de árbores,  anchear as beirarrúas e construír un carril bici.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O presidente da Deputación de Pontevedra comprométese co novo pavillón do colexio de Rubiáns. Rafael Louzán, xunto co alcalde de Vilagarcía, visitou as instalacións para trasladar á ANPA a súa intención de colaborar co concello para construír un novo e dotalo de máis servizos. Ademais, a intención do goberno provincial é que o pavillón dea servizo ao centro e aos veciños das parroquias de Rubiáns e Cea.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía xa ten o seu propio código ético. Os membros da candidatura que encabeza Tomás Fole presentaron hoxe un “Código de Bo Goberno local”. O documento vai asinado por todos, e recolle un decálogo de boas intencións para traballar en dous eixos: transparencia e legalidade e proximidade e información. Agora piden á oposición que asinen tamén un “Código de Boa Oposición”.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> O PSOE de Vilanova critica os tempos das obras do Partido Popular. Segundo os socialistas, a formación de Gonzalo Durán está a usar as institucións con intereses partidistas. Tanto é así que hai uns días levaron o caso ante a xunta electoral. As acusacións non gustaron ao rexedor vilanovés, que insistiu en que o seu goberno comeza as obras cando chegan os cartos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook