• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
A ILLA> Ademais das propostas e as leas políticas, os candidatos tratan de achegarse ó electorado nesta recta final de campaña amosando o seu lado máis persoal. É o caso do aspirante socialista á alcaldía da Illa. Carlos Iglesias vén de lanzar unha serie de microvídeos en Youtube nos que explica desde anécdotas da infancia ou a súa relación coa veciñanza durante a súa etapa como tenente alcalde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
A ILLA> Ademais das propostas e as leas políticas, os candidatos tratan de achegarse ó electorado nesta recta final de campaña amosando o seu lado máis persoal. É o caso do aspirante socialista á alcaldía da Illa. Carlos Iglesias vén de lanzar unha serie de microvídeos en Youtube nos que explica desde anécdotas da infancia ou a súa relación coa veciñanza durante a súa etapa como tenente alcalde.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, participou no mitin central dos populares de Ribeira. O acto electoral desenvolveuse nun ateigado pavillón polideportivo da Fieiteira coa presenza de máis de 500 persoas.
RIBEIRA> O PSOE de Ribeira continúa cos seus actos de campaña dirixidos a diferentes colectivos profesionais. Este sábado desenvolveron un acto sectorial con representantes da pesca ó que asistiu a deputada no parlamento, Marisol Soneira.
RIBEIRA> O voceiro nacional do BNG participou en Ribeira nun acto organizado pola mocidade. A través dunha representación simbólica puxeron de manifesto a realidade dos mozos galegos que se ven obrigados a emigrar ante a falta de oportunidades.
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Establecer un transporte a demanda é unha das medidas que recolle o programa electoral do BNG.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> En Vilagarcía os socialistas celebraron o sábado no Salón García o seu acto central de campaña. Un Alberto Varela coreado pola militancia afirmouse convencido de que ‘nuns poucos días’ será alcalde da cidade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS/BARBANZA> Menos dunha semana para as eleccións municipais e só cinco días para a fin da campaña. A día de hoxe, os partidos fan o sprint final para intentar achegar as súas propostas aos veciños que aínda non teñen decidida a papeleta que meterán o domingo nas urnas. Os votantes, pola súa banda, aseguran que non se deixan convencer nin con mitins nin con propaganda electoral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
NOIA> O alcaldable, Santiago Freire, considérao unha das súas prioridades, que levará adiante de forma inmediata, se a partir do 24 de maio accede á alcaldía.
BOIRO> Boiro Novo demanda a reactivación da concentración parcelaria nas parroquias do rural. A culminación deste proceso, que leva catro anos, suporía un importante factor de dinamización económica poñendo en valor o agro.
CAMBADOS> O BNG de Cambados leva a campaña tamén ás parroquias. O candidato mantivo onte un encontro cos veciños de Castrelo para plantexarlle as súas propostas. Para Víctor Caamaño, estas reunións son unha ferramenta para ofrecer explicacións e xustificacións sobre as súas ideas, evitando as campañas baseadas en eslogans.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook