• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
PONTEVEDRA> O candidato do Partido Popular á alcaldía de Vilanova, Gonzalo Durán, pediu esta mañá á oposición que non faga campaña por eles. Todo ven por un panfleto repartido polo PSOE no municipio no que presentan como propostas electorais rematar e inaugurar obras impulsadas nesta lexislatura polo goberno popular.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> O candidato do Partido Popular á alcaldía de Vilanova, Gonzalo Durán, pediu esta mañá á oposición que non faga campaña por eles. Todo ven por un panfleto repartido polo PSOE no municipio no que presentan como propostas electorais rematar e inaugurar obras impulsadas nesta lexislatura polo goberno popular.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Dar prioridade á Relación de Postos de Traballo dos funcionarios do concello de Vilagarcía, ó Plan de Prevención de Riscos Laborais e garantir que os servizos de emerxencias conten co equipamento preciso. Son as propostas de Esquerda Unida-Os Verdes Son en materia laboral.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> O actual alcalde de Boiro e candidato á reelección polo Partido Popular, Xoán Xosé Dieste, leva como principais propostas de cara a vindeira lexislatura a promoción económica e o desenvolvemento de políticas de benestar social que contribúan á mellora da calidade de vida dos seus veciños. A construción da tan ansiada residencia para a terceira idade será unha prioridade.
CAMBADOS> Somos Cambados nace con vocación de permanencia. A plataforma veciñal presentou esta mañá as súas 50 propostas para cambiar a vila. Unha listaxe de iniciativas con catro prioridades: axudar aos que o necesitan, cear emprego e fomentar a participación veciñal na política municipal.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIANXO> Outro dos novos partidos que agarda poder irromper no panorama político a partir do vindeiro 24 de maio é Rianxo en Común. Constituído por un grupo de veciños e veciñas que busca mellorar a actual xestión municipal, o seu programa fundaméntase na transparencia e a participación veciñal.
VILAGARCÍA> Fomentar o uso da bicicleta é un dos piares das propostas de mobilidade no programa do BNG de Vilagarcía. Construír carrís bici e recuperar o servizo de préstamo municipal Vai-bike, son algunhas das medidas que recollen os nacionalistas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> O Partido Popular da Pobra segue inmerso na campaña electoral.O candidato dos populares pobrenses, Manuel Durán, e os membros do seu equipo percorreron o mercadiño que se celebra os mércores na localidade para entrar en contacto cos veciños.
NOIA> O seu candidato Manolo Seijas considera que se trata dun programa aberto e real, froito dun amplo proceso asembleario. A transparencia na xestión municipal é para Marea unha cuestión de máxima importancia, de aí que se chegan á alcaldía a partir do 24 de maio, publicarán de xeito periódico os gastos e ingresos do concello para coñecemento de tódolos veciños. Para os membros desta formación, a Ría é a principal fonte de riqueza, de aí que impulsen diversas actuacións de cara a súa rexeneración. En canto ás políticas de benestar e conciliación, esta formación pretende que ningún veciño pase por necesidades básicas. Marea tamén propón entre outras accións a creación dun centro municipal de emprego e un plan de formación e traballo para a mocidade, así como a construción dun centro de día e unha gardería pública.
VILAGARCÍA> Oito propostas para a oitava cidade de Galicia. Esta é a esencia do programa que o alcalde de Vilagarcía e candidato popular defende para as eleccións do 24 de maio. Tomás Fole aposta por unha vila próxima, activa, sostible e estable, e asegura que a súa candidatura ven avalada por estes catro anos de goberno.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CATOIRA> O BNG de Catoira propón establecer vantaxes fiscais para os emprendedores no IBI en as distintas taxas municipais. Os nacionalistas pretenden que o fomento do emprego sexa un dos eixos do seu goberno de acadar a alcaldía, polo que amplían as medidas de apoio ó autoemprego á axilización nos trámites de concesión de licenzas ou o asesoramento desde o concello para a creación de empresas. Tamén pretenden potenciar o polígono industrial, solicitando a SEA unha rebaixan o prezo do solo, ou impulsar o traballo no campo, coa potenciación de cooperativas agrícolas ou rematando a concetración parcelaria.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A formación liderada por Gonzalo Pita, Sanxenxo Agrupación Liberal, presentaba o sábado ‘Revive Portonovo’, un proxecto co que pretenden transformar toda a fachada marítima da vila e acondicionala para desfrute dos veciños.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook