• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
CANAL RÍAS BAIXAS
VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía comezou hoxe a súa axenda cunha reunión coa executiva comarcal do sindicato UXT en Pontevedra e Arousa. Os plans do candidato á alcaldía en materia laboral centraron esta primeiro encontro electoral da semana logo de presentar esta fin de semana o seu proxecto para o peirao do Ramal.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> O Partido Popular da Pobra deu a coñecer o seu programa nun acto aberto á cidadanía. Destacan como principais eixos, as políticas de creación do emprego, os servizos sociais e a dinamización do rural.
RIANXO> O BNG do Barbanza celebrou onte domingo en Rianxo o seu acto central da campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.
VILAGARCÍA> Vilagarcía terá o seu propio ‘cheque bebé’ se segue gobernando o Partido Popular. O alcaldable e actual rexedor Tomás Fole comprometeuse esta mañá a apoiar as familias cunha achega de 250 euros por nacemento. Cantidade que actuará como complemento ao Plan de Dinamización Demográfica da Xunta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> A festa de inicio de campaña tamén se viviu con forza en Arousa sur, onde máis de corenta candidaturas concorrerán ás eleccións do 24 de maio. En xeral mantense ou diminúe o número de partidos que se presentan en cada municipio, aínda que atopamos concellos nos que a desputa será este 2015 máis plural que hai catro anos. Son Ribadumia e Meaño, onde reaparecen partidos independentes; A Illa, onde Esquerda Unida se presenta este ano completando o cadro de catro formacións aspirantes á alcaldía; Vilanova, con outras catro, neste caso a novidade vén da man de Gañemos Vilanova; e Cambados. Na capital do albariño serán cinco as opcións que poderán escoller os veciños: ós partidos con representación nesta última lexislatura na corporación (PP, PSOE e BNG) súmanse Somos Cambados e Cambados Pode.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SALNÉS> O primeiro día da campaña en O Salnés tivo como convidado especial ao presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo estreou a mañá paseando pola Illa de Arousa na compaña do alcaldable popular na vila, Juan José González. Ao mediodía, a axenda levouno ata Caldas. Alí asistiu a un almorzo-mitin rodeado dun cento de militantes e de candidatos e alcaldes da comarca.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Potenciar o polígono de Nantes, en Sanxenxo, será prioritario para Telmo Martín. Se acada a alcaldía, o candidato popular comprometeuse a telo en servizo nos vindeiros seis meses. Martín foi máis aló, e asegurou que cara o final da lexislatura o parque empresarial será o motor económico e de creación de emprego do concello.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
BOIRO> Boiro Novo propón unha serie de medidas para dinamizar o comercio local e apoiar ós autónomos. Ademais de campañas de concienciación para animar a mercar nos establecementos da vila, apostan pola mellora das rúas comerciais e a creación de prazas de aparcamento.
POBRA> O porto da Pobra, primeiro de Europa en descarga de túnidos, constitúe o principal motor económico do municipio. Por esta razón, os populares incluíron no seu programa unha serie de medidas para mellorar as actividades e infraestruturas portuarias.
BOIRO> O secretario xeral do PSdeG realizou un percorrido polo Barbanza para apoiar ós candidatos socialistas de Boiro e Porto do Son. Gómez Besteiro destacou as propostas electorais do seu partido encamiñadas á creación de emprego local.
 
Publicado en portada
VILAGARCÍA> A pouco máis de 24 horas do arranque oficial da campaña, en Vilagarcía o proxecto de urbanización de Megasa e a posible instalacións dunha gran área comercial estase a converter no centro de atención. Todos os representantes da oposición puxéronse onte do lado dos colectivos que se opoñen, pero o alcalde prestou especial atención ao posicionamento do alcaldable socialista. Tomás Fole apuntou que Alberto Varela, asesor xurídico do concello, informou favorablemente o proxecto, polo que o acusou de dobre xogo cos veciños.
Publicado en SALNÉS - CALDAS

Final Copa Diputación

HomeMostrando artigos por etiqueta: Eleccións municipais 2015 Top of Page

Síguenos en facebook